E unha das avenidas máis importantes de Barcelona, o Paseo de Gracia, Passeig de Gràcia en catalán. Ata 1827 foi un camiño, o Camiño de Jesús, que unía a cidade de Barcelona coa veciña poboación de Gracia. A Barcelona de principios do XIX vivía amoreada dentro das murallas, isto dou lugar ao nacemento de pobos ao seu redor: Graza, Sant Gervasi, Sants.
En 1854, comenzou o derribo das murallas, e a construción do Ensanche barcelonés, cinco anos despois, seguindo o proxecto de Ildefonso Cerdá, o Paseo de Graza, que unía a cidade coa vila de Gracia, adquiriu unha gran relevancia.
Inicialmente construíronse, neste paseo, vivendas unifamiliares con xardín, emprazáronse cafés, teatros, restaurantes, salóns de baile. Esta avenida converteuse na zona de recreo preferida pola burguesía.
Máis adiante, e trala Exposición Universal de 1888 celebrada en Barcelona, estas casas foron substituídas por edificios de catro pisos con talleres nos seus baixos. A burguesía empezou a instalarse neste paseo, competindo na contratación dos arquitectos máis famosos aos que se encomendaba a construción ou remodelación dos edificios.
Un dos edificios máis emblemáticos desta época é A Pedrera, deseñada por Gaudí, hoxe pertence á fundación Caixa Catalunya.
Para ver as fotos pincha
Ningún comentario:
Publicar un comentario