Compre que nazan flores cada día, como din Mini e Mero, e en cada curruncho do pais, aínda que non estea de moda, pero xa sabemos que as modas son pasaxeiras e o país seguira o seu camiño. Para que nazan estas flores precisamos saber onde estamos, querernos moito e traballar arreo.
Tamén precisamos soñar cun tempo e un país, desafiar a quen nega o noso futuro, a quen espolia o dereito a vivirmos na nosa Terra do noso traballo.
Temos que ter fachenda e rebeldía diante da falta de estima polo propio e da ausencia de confianza nas propias forzas.
Porque Galiza pode. E hai que estar cegos ou ser renegados para non ver que no que somos está a chave do noso futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario