Son unhas covas que conservan un halo máxico que as envolve, foron ata o século XVII escenario de akelarres, reunións pagás nas que homes e mulleres escapaban da rutina a través de festíns desenfreados, danzas en torno a fogueiras e orxías á luz da lúa. Estas actividades lúdicas deron lugar ao Proceso Inquisitorial de 1609 a 1614, onde foron presentadas como proba evidente de que en Zugarramurdi tiñan lugar actos de bruxería.
O espazo das covas é un impresionante complexo cárstico superficial. A cavidade principal foi escavada por unha corrente de auga, aínda hoxe moi caudalosa, denominada a Regata do Inferno ou "Infernuko Erreka", formando un amplo túnel cuxo eixe orientado de noroeste a suroeste, alcanzando unha lonxitude de 120 metros, unha amplitude de 22 a 26 metros no seu extremo oriental e uns 12 metros na súa saída ou boca occidental, así como unha altura media de 10 a 12 metros. O conxunto complétase con dúas galerías máis altas, de orientación similar á galería principal, que se abren á mesma. Destas pedras calizas obtiveron cal para o seu uso industrial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario