Translate

10/05/14

Castrillo de los Polvazares


Castrillo de los Polvazares é unha vila situada na comarca da Maragatería, preto de Astorga, León,
onde se pode ver a arquitectura tradicional da zona.Os habitantes de Castrillo eran arrieiros. Estes comerciantes negociaban e transportaban peixe salgado da costa de Galicia, e levaban embutidos e produtos secos, tamén comerciaban con viño e moitos outros produtos. As casas, chamadas "casas arrieiras ", son estruturadas de acordo con esta actividade, teñen grandes portalóns para o paso de carros, grandes patios interiores, que son o centro da organización da casa, nos que se sitúan; almacéns, cortes e bodegas. A vila orixinal estaba situada nun lugar diferente, esta foi destruída por unha inundación e reconstruída, no século XVI, na súa localización actual. Os arrieiros maragatos gozaban de gran poder e influencia na súa comarca, entre os séculos XVI e XIX. A rexión maragata está situada nun punto estratéxico nas comunicacións entre a península e Galiza. O descenso desta actividade comezou coa chegada do ferrocarril en 1866.

Ningún comentario:

Publicar un comentario