Translate

30/12/12

Xuízo do Prestige




O xuízo do Prestige tennos que traer á memoria moitas lembranzas e tamén novas e vellas reflexións:
    A primeira foi ver como as nosas costas aparecen cheas de merda negra.
    Comprobamos a falta de control do sistema occidental sobre os barcos, en malas condicións, transportando todo tipo de lixos contaminantes.
    Tamén pon de manifesto como unha parte do sistema xudicial, tan efectivo para algunhas actuacións, desafiuzamentos, represión sindical, etc, é tan pouco resolutivo cos grandes poderes económicos, nacionais ou transnacionais.
    A cidadanía, organizada en torno a “NUNCA MAIS”, amósanos a nosa capacidade para poñernos á tarefa de limpar as nosas costas dunha tremenda marea negra, ao tempo que berramos  “basta” moi alto nas numerosas manifestacións que levamos a cabo en distintos lugares de Galiza e madrid: Santiago, Cee, A Coruña, cadea humana, Madrid, maletas, cruces, etc, foron manifestacións de enormes repercusións sociais e políticas. Hoxe haberá que retomar aquelas maneiras de actuar se queremos facer fronte ás novas catástrofes económicas, laborables,  medioambientais, espolio dos recursos públicos(de todos), etc.
    Espero que as imaxes traídas daqueles días, nos axuden a reflexionar e dispoñernos a manifestar o noso desacordo.
    As fotos onde se ven persoas recollendo chapapote en Muxía foron feitas por Barca Noya.

Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño

Ningún comentario:

Publicar un comentario