29/11/12

Camiñata polas terras de Fonsagrada

O día 28 do mes de Outubro un grupo de persoas, coordinadas por Samuel Rodríguez, da AA.VV. da Agra do Orzan desprazámonos aos montes situados ao leste de Fonsagrada, lindando con Asturias.
    A maior parte do percorrido transcorreu pola  cima das serras o que nos permitiu contemplar as amplas paisaxes das montañas Luguesas.
    O ultimo tramo, xa chegando a  vila de Fonsagrada, fixémolo por unha antiga corredoira moi empinada, cuberta de vexetación autóctona, semellaba que iamos en outro tempo pasado.

    Poema de Uxío Novoneira
        Ficando na anta
    - a fiestra aberta á alba vía
    voar as anduriñas.
    Levein os ollos prá serra
    i esquecinme da alba de min e delas
    que anque iban e viñan

    i anque oía non oía …
 saber mais  

   





 As persoas interesadas podedes premer na frecha para ver mais fotos e rememorar aquela viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario