Translate

28/12/14

O Ulla, Ximonde

Na estrada Pontevea- Ponte Ulla e tomando a pista que conduce ó couto de Ximonde,(42.773292, -8.44396) onde se pode pasear pola ribeira do río Ulla e das mestas fragas das súas marxes. No couto ten a súa sé o Centro para o Estudio das poboacións Piscícolas do Ulla.
 O couto de pesca de Ximonde acouta o río Ulla durante 0,8 Km. O límite superior fíxase 200 m augas abaixo da presa de Ximonde e o límite inferior fíxase na Canle de Cubelas. Concellos de A Estrada (Pontevedra) e Vedra (A Coruña).
Unha presa garante a conservación dos peixes que transitan polo Ulla e fai sustentable o seu aproveitamento.
Chega até aquí o "PR-G 36, Sendeiro de San Xoán dá Cova", seguindo podemos ver o descenso do Ulla, pola súa marxe dereita.
Na arboreda da área recreativa podemos atopar exemplares de bidueiro, aliso, abeleira, freixo, salgueiro e moitos outros. Río abaixo imaxinamos a súa desembocadura na ría de Arousa.
Preto de Ximonde atópanse uns cantos "furanchos", nos que se pode merendar e tomar un bo viño da zona do Ulla.

19/12/14

PN Montesinho

A área das serras de Montesinho e Coroa, situado ao nor-leste de Portugal, foi escollida para Parque Natural por reunir condicións nas que é visíbel a integración harmoniosa do home co medio ambiente, foi creado en 1979, sendo unha das maiores áreas protexidas de Portugal. Está constituído por unha sucesión de elevacións arredondadas e vales profundamente encaixados, con altitudes variando entre os 438m e os 1481 m onde as aldeas, aniñadas en puntos abrigados e discretos, pasan facilmente desapercibidas aos ollos do visitante ocasional.
Esta zona foi poboada desde hai milenios, conserva vestixios arqueolóxicos en moitas das súas aldeas. algunhas, posúen aínda nas toponímias antigos nomes de fortificacións castrexas; outras, antigas propiedades rurais, exhiben nomes persoais de orixe xermánica, atribuídos aos colonizadores visigodos.
O que dá a este Parque características únicas é precisamente a forma como ao longo dos séculos as poboacións souberon integrarse harmoniosamente na paisaxe, a pesar das peculiaridades geoclimáticas.

12/12/14

Mini e Mero na AAVV Agra

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través da música. Nados na terra chá,  Mini e Mero representan a coherencia e a honestidade daquelas persoas que non claudican ante as modas e os cantos de serea dos mercados, que non están dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos.
Este outono estiveron no local da AAVV do Agra no que amosaron o seu ben facer na poesía e na música.
Este concerto, máis que concerto eu diría que foi un acontecemento musical, emocional, no que as persoas que asistimos sentímonos en comuñón coa terra e co País.


08/12/14

Getaria

Un feito a destacar na historia de Getaria sucede en 1397, cando na igrexa de San Salvador se constitúe a Irmandade  de Guipúscoa, xerme do actual Territorio Histórico.
É un importante porto mercantil e pesqueiro desde a Idade Media, foi incendiada e destruída varias veces. En 1628, na súa baía líbrase unha importante batalla naval entre as escuadras francesa e española, sendo desfeita esta última e quedando a vila esnaquizada.
A actividade mariñeira foi tradicional en Getaria. Durante centos de anos a caza de baleas tivo unha gran importancia na  economía da vila. De feito, a balea foi historicamente o motivo principal dos seus escudos.
Getaria está na cadea costeira  guipuscoana, zona constituída por materiais do terciario dispostos en estratos, formando espectaculares ladeiras erosionadas. Estes estratos erosionados, cando se penetran no mar, forman o fenómeno xeolóxico denominado flysch.
A súa privilexiada contorna é unha paleta na que se mesturan todas as gamas de cores, con predominio do azul e o verde.
A súa paisaxe ofrece a visión duns campos cubertos por viñedos, cuxo froito será transformado en txakolí.
Entre estes campos discorre, tamén, o Camiño de Santiago coñecido como o da costa, que entra desde Zarautz, atravesa o municipio, pasa xunto á medieval ermida de San Prudencio e chega até Askizu, un balcón sobre o Cantábrico onde se atopa a igrexa de San Martín de Tours.
O Monte San Antón, coñecido como Rato de Getaria, constitúe un interesante parque natural no que se pode apreciar unha gran variedade de plantas e arboredo.

01/12/14

Patrimonio arqueolóxico de San Miguel de Oleiros, Silleda

A Asociación de Veciños de San Miguel de Oleiros, unha parroquia de Silleda pon en valor o seu patrimonio arqueolóxico.
Para elo organizou un roteiro, guiado polo arqueólogo Israel Picón, levounos ata os petróglifos  de Pena Longa, na parroquia limítrofe de Cortegada: conservan os gravados rupestres realizados na Idade do Bronce polos antigos poboadores da zona.
 No alto dun monte próximo atópase o castro Montaz que, xunto co castro das Orelas, son dous poboados castrexos dos que quedan restos de cerámica e muros de pedra.  A panorámica dende este castro permite divisar unha ampla extensión desta bisbarra do Deza.
 Outro elemento de moito interese é o xacemento de Chao de Petos, na parroquia limítrofe de Laro: unha laxe horizontal situada a ras do chan na que se acumulan moitas figuras circulares e motivos propios desta zona, con forma de escaleiras e cadrados.
Realizáronse calcos dos gravados rupestre nunha lámina de papel, esta sitúase sobre os relevos e frégase con papel entintado. Trátase dunha práctica inocua para o petróglifo, segundo o arqueólogo, e que permite obter unha imaxe dos perfis da superficie da pedra.
Vimos tamén en Laro os petróglifos da Pena das Cazolas, un lugar con abundante vexetación. Neste caso, repítense as liñas circulares, cuadrangulares e con formas de escaleiras, constituíndo un conxunto de petróglifos de gran beleza.





 

21/11/14

Praia de Caminha / Foz do Minho, Forte da Ínsua

Praia de Caminha / Foz do Minho, Cunha área de grande beleza xunto á foz do Rio Minho, rodeada polo piñeiral da Mata Nacional do Camarido, a Praia de Caminha ou Praia do Camarido está situada no extremo noroeste do territorio portugués, fronte ao monte de Santa Tegra, ao seu carón o Río Minho deixa de selo e fúndese co océano.
A sua localización posibilita escoller entre a praia de area fina bañada polo océano axitado e a zona tranquila do rio, con areias mais grosas e augas tranquilas.

O Forte da Ínsua sitúase na Insua de Santo Isidro, na parroquia de Moledo, concello de Caminha, distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

Esta pequena illa, situada a cerca de douscentos metros da costa, ao sur da foz do rio Miño, foi primitivamente utilizada como local de culto, nela erguíase unha pequena ermida. O faro, situado no punto máis alto, indica a presencia da illa ás persoas que navegan preto dela.

14/11/14

Sobremesas e Doces do Outono

Calquera época do ano é boa para desfrutar dos doces na sobremesa máis o outono ofrece un conxunto de froitos moi apetecibles. Resulta incrible como moitas persoas son capaces de transformar os produtos básicos que da a terra  neste época do ano en sofisticados doces que nos marabillan polo seu sabor e tamén polas súas cores, tacto, texturas e mesmo formas. Vaia o meu recoñecemento a todas estas persoas que elaboran estes tesouros culinarios.

07/11/14

LÁNCARA


 Láncara pertence á comarca e ó partido xudicial de Sarria. O termo municipal ten unha zona atravesada polo tramo baixo do curso do río Neira, ó redor do que se estende o rebordo oriental da meseta lucense e o norte da chaira de Sarria, pero ten tamén outra boa parte montañosa que enlaza cos rebordos dos macizos dos Ancares e o Courel.

O río Neira nace na Fontaneira (serra do Portelo, O Cádavo), atravesa de Nordeste a sueste os concellos de Baralla e Láncara, e desemboca no Miño, moi preto da Ponte de Neira.
Ponte de Carracedo (Láncara), a ponte máis importante do concello, situada sobre o río Neira ponte de catro vans, (só dous deles situados no cauce do río, o resto para previsión de "cheas") de sillería e cachotería, con tallamar e esporón no piar central. Ten a particularidade de conservar unha pequena construción no centro, unha especie de "templete" que albergou unha imaxe de San Miguel
Nesta localidade atópase a Casa Grande de Láncara, casa de turismo rural con moito encanto. O día 24 de cada mes hai unha pequena feira con polbo e viño.