Actualmente o Pazo de Sabadelle é unha explotación dedicada á produción ecolóxica de carne de becerro, raza pura rubia galega, años e capóns. Outros produtos de horta que cultivan son, leitugas, cebolas e remolachas.
A poucos quilómetros deste lugar podemos atopar Igrexas-mosteiro, orgullo das persoas que traballaron na súa construción, como as de Santo Estevo de Ribas de Miño ou a de Santa María de Pesqueiras, moi preto do Pazo.
As paraxes dos arredores, fermosas vistas sobre as ribeiras do río Miño, carballeiras, paisaxe agrario en plena produción, etc.
Por todos estes motivos merece a pena unha parada neste pazo, 0nde atende, con moita amabilidade, Xosé, que sempre ofrece aos amigos comida e pousada, incluíndo un apetitoso pratado feito con pito de Mos, da súa autoría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario