No bico do monte atópase o poboado castrexo chamado Beróbriga, ocupado dende o século IV ao I a.c. aproximadamente. Pódense apreciar case cincuenta habitáculos circulares, alguns dos cales adquiren medidas inusuais de entre cinco e sete metros de diámetro. A ladeira do monte está chea de pedras provenientes das vivendas e murallas que rodeaban o recinto. É posilbe que antes do poboado castrexo se situara outro moito máis antigo, quizais do século X ao VII a.c. habitado polos pobos das bisbarras chamados Helleni, cuxa extensión era xigante, pero do que non quedan case vestixios. O abandono do castro produciuse sobre o século I a.c. debido á marcha dos seus poboadores a outros emprazamentos máis axeitados para a caza e a pesca. Xa no século II virían os conquistadores romanos que non serían capaces de que a poboación deixase de adorar o seu deus, chamado Bero Breus, despois de máis de catro séculos.
Dende o alto deste monte, de uns 160 m sobre o nivel do mar, pode divisarse dende o Cabo Silleiro en Baiona, pasando por toda a bocana da Ría de Vigo, As Illas Cíes, Ría de Pontevedra, Illas Ons, toda a Costa da Vela, Fisterra e sobre todo a inmensidade do Océano Atlántico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario