Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Covas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Covas. Amosar todas as publicacións

12/12/15

Covas en Zugarramurdi

  Covas en Zugarramurdi.  Están situadas na zona occidental do Pirineo, máis arriba do val de Baztan, moi preto de Francia, e a 400 metros de Zugarramurdi, o pobo das bruxas, onde se mestura a fantasía e realidade. O branco das casas do pobo destaca na paisaxe policromada de verdes.

 Son unhas covas que conservan un halo máxico que as envolve, foron ata o século XVII escenario de akelarres, reunións pagás nas que homes e mulleres escapaban da rutina a través de festíns desenfreados, danzas en torno a fogueiras e orxías á luz da lúa. Estas actividades lúdicas deron lugar ao
Proceso Inquisitorial de 1609 a 1614, onde foron presentadas como proba evidente de que en Zugarramurdi tiñan lugar actos de bruxería.

O espazo das covas é un impresionante complexo cárstico superficial. A cavidade principal foi escavada por unha corrente de auga, aínda hoxe moi caudalosa, denominada a Regata do Inferno ou "Infernuko Erreka", formando un amplo túnel cuxo eixe orientado de noroeste a suroeste, alcanzando unha lonxitude de 120 metros, unha amplitude de 22 a 26 metros no seu extremo oriental e uns 12 metros na súa saída ou boca occidental, así como unha altura media de 10 a 12 metros. O conxunto complétase con dúas galerías máis altas, de orientación similar á galería principal, que se abren á mesma. Destas pedras calizas obtiveron cal para o seu uso industrial. 

26/08/14

As Covas de Urdax/Ikaburu, Navarra / Nafarroa

As Covas de Urdax, tamén se coñecen como Covas de Ikaburu, en formación desde fai varios centos de miles de anos grazas á erosión do río Urtxume.
Atópanse escondidas baixo os verdes prados de Navarra/ Nafarroa, en pleno Pirineo, na localidade de Urdazubi/Urdax, e a poucos quilómetros da costa e da fronteira con Francia.
A visita guiada polas súas galerías permite descubrir un universo de estalactitas e estalagmitas, ademais de traer evocadores recordos de personaxes de lenda, guerrilleiros e contrabandistas que as ocuparon noutras épocas.