Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Castelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelos. Amosar todas as publicacións

30/11/17

Castelo de Castro Laboreiro, Melgaço, Serra da Peneda


Castelo de Castro Laboreiro, Melgaço, Serra da Peneda.
A uns 1000 metros de altitude, e situado en pleno sistema montañoso da Peneda-Gerês, preto da fronteira entre o Alto Miño e a zona de influencia de Ourense, o Castelo de Castro Laboreiro é un dos monumentos militares, localizado nos planaltos portugueses galegos.

As súas orixes son descoñecidas, sitúano en funcións  da reconquista do territorio e relacionado coa familia de D. Hermenegildo, na primeira metade do século X . 


D. Afonso Henriques, conquistouno en 1141. Devido a que foi transformado ao longo do tempo non se coñece a súa distribución, supón se que tería un patio interior con torre de homenaxe illada, á maneira dos castelos románicos.

No reinado de D. Dinis, tivo lugar a reforma que revisou o aspecto xeral que a fortaleza aínda mantén e que, por esa altura o castelo de Castro Laboreiro xogaría un importante papel na defensa da raia seca fronte a Castela. 

A altura do século XVI, o castelo estaba illado do poboado,  situado a unha cota considerabelmente inferior. O núcleo militar contaba con cinco torres quadrangulares  e posuía dúas portas, a do Sol, que levaba ao interior do recinto maior, e outra que comunicaba os dous redutos.

Dende a súa posición estratéxica pode contemplarse unha ampla vista das serras circundantes.

Moi preto atópase unha ponte medieval de moito interese.


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

24/11/17

Calatañazor, Soria 2



Calatañazor está declarado Conxunto Histórico Artístico desde 1962. É unha pequena poboación medieval, onde se recorda a lendaria batalla de Calatañazor.
A poboación está situada sobre un outeiro é rodeada de murallas. O nome de Calatañazor vén de "calat am nasur" que significa "castelo dos voitres", o que dá idea do fortificado e difícil de asaltar.

A arquitectura é popular: o Paseo polas súas rúas trasládanos varios séculos no pasado. Destacan as formas peculiares das chemineas, que rematan en pico, o que dificulta que a neve do inverno se pouse nelas.

A igrexa da nosa Señora do Castelo é románica con modificacións posteriores. Destaca a súa portada e detalles decorativos como un conxunto de tres arcos cegos, un deles lóbulo de crara influencia Andalusí .

Un busto de Almanzor, dirixente musulmán, está situado no centro do pobo, este foi derrotado na lendaria batalla de Calatañazor.  


Tamén existe no centro da vila un "Rolo ou picota", columna de pedra onde se expoñían á vergonza os presos condenados.

Desde o castelo téñense unhas boas panorámicas das chairas que contornan Calatañazor.

Na parte sur e fóra das murallas, atópanse unhas tumbas antropomorfas medievais excavadas na rocha, que deberon pertencer a un cemiterio extramuros que se atopaba preto dunha ermida hoxe desaparecida. 


Neste lugar, de entorno medieval, Orson Welles localizou a súa película "Campanadas a medianoite". 



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

14/11/17

Castelo de Lindoso



Castelo do Lindoso, Ponte da Barca, Portugal. É un monumento que cumpriu funcións defensivas durante os conflitos militares co reino de Castela. 

Foi eriguido nos principios do século XIII, durante o reinado de D. Afonso III.
Durante as Guerras da Restaração (siglo XVII) asumiu unha gran importancia debido á súa localización fronteiriza con España.

Aínda conserva as súas murallas, e no seu interior alberga, en ruínas, a casa do alcaide, unha capela, un forno, unha torre de homenaxe con 15 metros de altura e un museo con dúas exposicións permanentes.

Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.



27/10/17

Castelo de Soutomaior


O Castelo de Soutomaior domina o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, dende a súa confluencia co Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade.

Situado no centro xeográfico do municipio do mesmo nome, dista uns seis kilómetros por carretera da costa.
Esta posición a media altura domina e controla as terras do seu feudo e as comunicacións de sur a norte da provincia, tamén ofrece as ventaxas de atoparse agochado ante as invasións realizadas por mar (normandos, turcos, piratas, etc.) e dispon de abundancia de auga para desenrolar os seus propios cultivos e pastizais para a gandería.

A construcción orixinal data do século XII, si ben será con Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido polo alcume de Pedro Madruga co que alcance o seu máximo esplendor xa que chegou a ser o epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.

Ao final da época feudal, e dado o entorno produtivo no que se sitúa, puido adaptarse fácilmente, incluso conservando os seus vellos muros defensivos, á nova producción agríco-gandeira de tipo pacego da nobreza galega arraigada no campo.

Foi derruído durante a Revolución Irmandiña e Pedro Madruga intervirá moi directamente na súa reconstrucción.
Preto do lugar onde se sitúa o Castelo de Soutomaior e en dirección ao oeste sitúase o Pico de  Castro da Peneda, antigo castro, onde en 1477, o arzobispo de Santiago D. Alonso de Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán para controlar ó de Soutomaior. Cando voltou do seu cautiverio en Castela, Pedro “Madruga,” conquistou e derribou o castelo de Castrizán. Na actualidade sitúase nese lugar a ermida da Virxen das Neves.

O castelo pasou por distintas fases de construción. O cambio máis destacado foi no século XIX cando o marqués da Vega de Armijo realiza, en estilo neogótico, a "Galería de Damas".

A súa sucesora é a súa sobriña, a marquesa de Ayerbe, que era coñecida como a "Marquesa Roja". Foi unha das precursoras do movimento feminista en España.  O seu segundo esposo, o doctor Lluria, construíu un sanatorio nos seus arredores. Sen embargo, debido ás súas actividades políticas, converteron a Soutomaior nun centro sospeitoso de conspiracións políticas e perderon a propiedade no ano 1917.

No 1982 o castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra.

Se queres ver as fotos pincha aquí 


Se queres ver o vídeo pincha aquí 

16/07/16

Ribadavia




 


Esta vila está situada entre o río Miño e a última parte do río Avia, habitan uns  5.500 habitantes, rodeada de relevos montañosos e resgardado da influencia oceánica, isto fai doado o cultivo da vide, tamén na súa contorna, entre outras: Castrelo de Miño, Cenlle, Beade, Leiro e Carballeda.

As orixes da poboación parecen romanas, é foi durante a Idade Media cando tivo o seu momento de máximo esplendor (desde 1064 ata 1071 foi a capital do Reino de Galicia) e foi neste momento cando se iniciou o cultivo da vide potenciada pola orde do Císter. Máis tarde foi vila reguenga desde 1164 ata 1375 en que pasou a ser señorío do Conde de Ribadavia. Conserva parte da súa muralla medieval, que data de 1157, xunto coas ruínas do Castelo dos Condes de Ribadavia. Conta cunha xudería ben conservada. 

Posúe un museo no que están integradas as ruínas do castelo medieval, as indicacións están deterioradas e só en castelán, tampouco hai información en galego á entrada do Museo. Deberían cuidarse estes aspectos para que as galegas e os galegos que visitamos estes lugares nos poidamos sentir augusto nos espazos do noso país e poder recomendalos, non só aos de fora senón tamén aos de aquí.  

A dous Km de Ribadavia, no val e poboación de Francelos, atópase a igrexa de San Xes de Francelos. Datada no século IX, é unha reconstrución da antiga igrexa na que integraron elementos prerrománicos da anterior construción. Foi declarada Monumento Nacional en1951. 

Na fachada están situados elementos como o arco de ferradura de influencia visigótica, as columnas con capiteis corintios e as escenas de carácter bíblico, é moi de destacar a celosía: na parte interior ten dúas flores de oito pétalos rodeadas por tres arcos de ferradura de distinta elaboración, pode ter influencia mozárabe.  


Se queres ver as fotos pincha enriba

23/10/15

Castelo de Doiras

O Castelo de Doiras (tamén chamado da Ferrería por estar próximo á Ferrería de Fonquente) está situado na aldea de Ponte de Doiras, á beira do rio Navia.
 

O castelo atópase no alto dun outeiro, case inexpugnable, con fortes muros de 8 metros de alto por 1,5m de grosor. No interior, conta coa Torre da Homenaxe, duns 14m de alta e unha planta de 10x8m, o patio é rectangular de 25x21 metros. Este castelo foi construído no século XV polo conde conde Grajal de Campos, Señor de Cervantes.
 

Xunto ao castelo pasa a antiga Via Romana XIX (que levaba de Lucus Augusti a Asturica Augusti, ou sexa, de Lugo a Astorga) e, tamén, pasarían os máis importantes camiños medievais que saían de Galicia polos Ancares, como o propio Camiño de Santiago. O Castelo foi construído para controlar esta importante zona de paso entre Castela e Galiza.
 

Neste castelo é onde tivo lugar a orixe da lenda de Aldara, a muller cerva. 






23/08/15

Castelo de Monteriggioni, na Toscana

Castelo de Monteriggioni, na Toscana. Perderse pola Toscana, no centro de Italia, amodo e con moita disposición a "paponear", deixándote impresionar polas paisaxes, atópanse moitas vilas antigas, moitas delas amuralladas, que nos indican a importancia estratéxica destes puntos xeográficos.
Unha destas vilas é Monteriggioni, un pequeno poboado situado no alto dun outeiro, aloxado no interior dun castelo do século XIII e que desempeñaba un importante papel militar pois contribuía á defensa Siena de invasións de Florencia, por estar cerca de importantes vías de comunicación como a Vía Francigena e Cassia.

Resulta curioso un dos sistemas defensivos, cercaban as murallas con carbón que era incendiado no caso de invasións.
A muralla e algunhas das súas torres aínda se conservan hoxe, e foi este lugar o que inspirou á Dante Alighieri a súa obra "Divina Comedia".


 

04/04/15

Castelo de Pambre

O Castelo de Pambre está situado no alto dun acantilado, polo tanto fácil de defender, á beira do río Pambre, nun dos tramos de máis beleza. É un exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa en torno a 1375. De planta cadrada, e cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotería e cantaría de granito. O edificio central está formado por unha a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e que se localizan en cada un dos ángulos da torre maior e comunicadas entre si por unha muralla. Accédese ao patio interior por un portalón adintelado practicado na muralla. Os irmandiños non foron capaces de derrubalo. Baixando ata o río atopamos unha ponte e os restos duns muíños. Subindo río a riba podemos ver os restos dunha minicentral eléctrica, situada á altura do castelo. 
 

22/11/13

Castelo de San Carlos en Fisterra, onde se alberga o Museo da Pesca de Fisterra, o guía do museo e Manolo, o poeta Alexandre Nerium, coñecedor do mar, con fondo sentimento mariñeiro, e con dilatada experiencia de pescador e mariñeiro e tamén pola súa calidade poética é mellor guía local po lo tanto este museo é de visita obrigada en Fisterra. No interior pódense ver paneis explicativos, ben elaborados, artes e accesorios de pesca, maquetas de embarcacións e outra serie de accesorios do mundo do mar.

16/11/13

Castelo de Altamira

Castelo de Altamira. Dende o que se divisan as terras da Mahía, estivo baixo o dominio da familia dos Moscoso, desde o que dominaban boa parte do norte de Galiza. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX. Hoxe so quedan en pé os seus restos.