A
Pedra dá Arca conserva boa
parte das lousas orixinais. A cámara principal é poligonal e mantén
cinco grandes laxes que sosteñen unha gran lousa ovalada. Unha das lousas verticais conserva unha pequena decoración en forma de
gravados. O dolmen conta con corredor de acceso que se divide
en dous tramos cubertos con sendas lousas. O dolmen encóntrase
sinalizado, o acceso é por unha pista de terra. Cabe destacar a
toponimia do lugar relacionada con este monumento megalítico, nomes como: Pedras do Altar, Casa dá Moura,
Pedra dá Arca ou Gándara da Osa. Nesta zona existen outros moitos dolmens e castros.
Coordenadas do dolmen:
42°58'09.6"N 9°04'12.1"W
Ningún comentario:
Publicar un comentario