Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Burgas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Burgas. Amosar todas as publicacións

25/07/14

A ponte de Pontevea, A burga de Pontevea

A ponte de Pontevea é unha construción do século XV quue cruza o río Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e A Coruña. Ten seis arcos con bóvedas oxivais de transición do románico ao gótico: tres deles semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.
Foi reformada en varias ocasións, a última na década de 1990, por mor dos danos sufridos en inundacións e na Guerra da Independencia. A finais do século XX construíuse outra ponte paralela.
A burga de Pontevea está a carón da ponte nova sobre o Ulla. É unha fonte cun cano que dá a un estanque circular.
O oleoduto Vigo-A Coruña a 20 metros cortou a veta que abastecía a fonte, mais a presión veciñal provocou a restitución do manancial.
As súas augas son sulfuradas -cloruradas sódicas-, e saen a uns 15 ºC cun caudal moderado. Son usadas nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado.

30/12/13

Termas de Outariz e as Burgas de Canedo, Miño

As Termas de Outariz e as Burgas de Canedo son dous conxuntos de piscinas termais a ceo aberto situadas nunha gran área recreativa axardinada na marxe dereita do río Miño e conectadas coa outra beira por unha pasarela peonil, na que moitos amores pecharon con cadeados eternas promesas de amor. Para somerxerse nunha poza ao or libre, en pleno mes de decembro, xa ten que estar quente e, a verdade, estase moi agusto. O muíño tamén forma parte da paisaxe do lugar.