Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Chantada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chantada. Amosar todas as publicacións

25/09/15

Vendima na Ribeira Sacra Lucense,Chantada

A Ribeira Sacra Lucense reúne unha serie de características relacionadas co seu chan eo seu microclima atlántico, no que a suavidade das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado e seco cunha forte insolación facilitou o desenvolvemento da viticultura. O cultivo da uva realízase en socalcos que consegue dotar de personalidade á ribeira e configura unha paisaxe humanizada e modelada ó longo dos séculos. As  “muras”, muros de contención, para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Esta forma de cultivo dificulta o uso de mecanización e polo tanto esixe un grande esforzo das persoas que traballan as viñas.
   A vide introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da Gallaecia primitiva, tempo no que xa viaxaban a roma os caldos galegos, segundo os indicios dos que se dispón.
 Pero as colonizacións monásticas medievais foron as que impulsaron a produción de vides na comarca.
Nos últimos tempos este viño, con denominación de orixe "ribeira sacra", converteuse nun importante factor de dinamización económica do concello de Chantada, dado que se exporta a moitos lugares do mundo. 

Para as persoas que se acercan aos froitos das vides, cando están na súa maduración, é un gusto recrearse na súa contemplación e tamén na súa degustación.
Na adega restaurante da Ermida, núcleo situado en plena rebeira, podemos contemplar os antigos utensilios que se usaban para o trafego do viño. ademais de desfrutar dunha comida rica e moi económica.
Perderse polos múltiples currunchos cheos de vexetación, edificios románicos, comprar viño nas moitas adegas da zona, ou durmir nalgún pazo de turismo rural, son algúns dos praceres que nos podemos dar. 
  

10/05/15

Pazo de Sabadelle, Chantada

Pazo de Sabadelle(Casa do Pacio), preto de Chantada. Edificio do século XVIII de planta cadrada. Na fachada principal, denominada Porta Nova, hai dous escudos de armas onde están representadas as familias de Juan López Varela e Isabel Mosquera Ulloa. A entrada principal dá acceso a un patio interior en forma de claustro con solaina e corredor decorado cunha balaustrada de pedra. Ao norte conta cunha pequena capela e un terceiro escudo de armas. Esta é a parte máis antiga do pazo, sorprende o corredor con balaustrada de madeira. A poucos metros da vivenda atópase o hórreo pertencente ao pazo.

Actualmente o Pazo de Sabadelle é unha explotación dedicada á produción ecolóxica de carne de becerro, raza pura rubia galega, años e capóns. Outros produtos de horta que cultivan son, leitugas, cebolas e remolachas.
A poucos quilómetros deste lugar podemos atopar Igrexas-mosteiro, orgullo das persoas que traballaron na súa construción, como as de Santo Estevo de Ribas de Miño ou a de Santa María de Pesqueiras, moi preto do Pazo.
As paraxes dos arredores, fermosas vistas sobre as ribeiras do río Miño, carballeiras, paisaxe agrario en plena produción, etc.
Por todos estes motivos merece a pena unha parada neste pazo, 0nde atende,  con moita amabilidade, Xosé,  que sempre ofrece aos amigos comida e pousada, incluíndo un apetitoso pratado feito con pito de Mos, da súa autoría.