Translate
Amosando publicacións coa etiqueta Costa Galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Costa Galega b>. Amosar todas as publicacións
21/04/14
Roteiro costa de S. Adrián de Malpica
Este roteiro permítenos contemplar múltiples paisaxes, entre outros: As illas Sisargas, arquipélago galego sito no Océano Atlántico en fronte a Malpica en plena Costa da Morte, formado por tres illas, Sisarga Grande, Sisarga Chica e Malante, que pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña. Monte e punta Nariga, onde se sitúa un faro de recente construción. Punta de Razo, extremo occidental da praia de
Baldaio, que pertence ao concello limítrofe de Carballo. Máis ao lonxe pode verse o polígono industrial de Sabón e as costas da zona de Ferrol.
26/08/13
A Marola, Seixo Branco
Seixo Branco está dentro do espazo natural Costa de Dexo, que ocupa o tramo costeiro comprendido entre o faro de Mera e o porto de Lorbé, dende este punto podemos contemplar as entradas das rías de Ares, Betanzos e A Coruña, no denominado Golfo Ártabro.
É un espazo natural de gran riqueza biolóxica, declarado Monumento Natural no ano 2000 e recoñecido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria. Está integrado dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.
A perspectiva panorámica na súa proximidade permite contemplar o cabo Prior, a ría de Ares e a cidade da Coruña, coa Torre de Hércules. Tamén se divisa dende el o illote coñecido como A Marola, que inspirou o refrán mariñeiro "Quen pasou A Marola, pasou a mar toda", facendo referencia á bravura do mar nesta zona da costa.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)