Siena é das cidades de máis interese de Italia, do que eu coñezo, un paseo polo seu casco antigo proporciona unhas vivencias especiais. Garda múltiples tesouros artísticos e paisaxísticos urbanos.
Un destes tesouros é a LibreríaPiccolomini, na Catedral de Siena. A Bernardino dei Betto, chamado Pinturicchio, encomendóuselle a decoración dun dos lugares máis importantes do centro
de Italia naquela época, a Librería Piccolomini, na catedral de Siena. O
cardeal Francesco Todeschini Piccolomini, bispo daquela cidade fíxoa
construír co fin de gardar nela os
preciosos manuscritos que pertenceron ao seu tío, o humanista Eneas
Silvio Piccolomini, elixido papa baixo o nome de Pío II (1458-1464). A
sala, de altos muros e iluminada por dúas grandes ventás, foi construída
entre 1492 e 1508.
No contrato asinado entre o cardeal e Pinturicchio o
29 de xuño de 1502, o artista comprometíase a glorificar os feitos da
vida de Pío II nunha fastuosa crónica pintada.
Nesta crónica pintada
figuran personaxes da época, coidados detalles e belas cores co fin de
obter, como sucedeu en realidade, unha apoteose da pintura mural do
século XV.
O contrato prevía
tamén que fose o propio artista quen preparase os debuxos, pintase as
cabezas dos personaxes e fixese retóquelos pertinentes en seco.
Aínda
que dispoñía da asistencia de numerosos aprendices. Pinturicchio foi
axudado por mestres como Aspertini e o mozo Rafael.
Difícil imaxinar que estas paredes que vemos son planas.
O Castelo de Doiras (tamén chamado da Ferrería por estar próximo á
Ferrería de Fonquente) está situado na aldea de Ponte de Doiras, á
beira do rio Navia.
O castelo atópase no alto dun
outeiro, case inexpugnable, con
fortes muros de 8 metros de alto por
1,5m de grosor. No interior, conta coa Torre da Homenaxe, duns 14m de alta e unha planta de
10x8m, o patio é
rectangular de 25x21 metros. Este castelo foi construído no século XV polo conde
conde Grajal de Campos, Señor de Cervantes.
Xunto ao castelo pasa a antiga Via Romana XIX (que levaba de Lucus
Augusti a Asturica Augusti, ou sexa, de Lugo a Astorga) e, tamén, pasarían os máis importantes camiños medievais que saían de Galicia polos
Ancares, como o propio Camiño de Santiago. O Castelo foi construído para controlar esta importante zona de paso entre Castela e Galiza.
Neste castelo é onde tivo lugar a orixe da lenda de Aldara, a muller
cerva.
Mosteiro Igrexa de Santa María de Penamaior , Becerrea Antigo mosteiro románico,
cisterciense, o único galego afiliado a Citeaux, a través de Carracedo. É actualmente a igrexa parroquial do mesmo nome, no concello
de Becerreá (Lugo). A súa orixe non se coñece con precisión. Seguramente se
fundou antes de 1225, data na que se converte en abadía
independente, o seu patrimonio irá aumentando a base de dacións e
concesións de privilexios.
A esta primeira etapa do mosteiro está
vinculado o rei Alfonso IX, que foi rei de Galiza, morreu en Sarria no no 1230.
Este rango da
abadía dura ata o ano 1506, no que se unen para formar parte da
Congregación de Galicia, Castela e León. Isto presupón a perda de súa
categoría abacial e a súa transformación en presidencia ou pequena
comunidade dedicada á cura de almas e a administra-las rendas.
A decadencia deste mosteiro dáse no contexto da decadencia xeral que sofren todos los mosteiros
cistercienses, a partires do século XV. Co tempo, a decadencia da
congregación extinguirá a pouca vida que tiña o mosteiro e as rendas que aínda conservaba foron a parar as mans das familias de Becerreá durante o proceso de desamortización. Pasa a ser igrexa parroquial a partir de
1.836.
Preto do Mosteiro atópase un muíño unha fonte e un paraxe de arbores autóctonos, castiñeiros, nogueiras, etc, cunhas cores fermosas de outono.
Foro Romano e Praza do Campidoglio O Foro Romano era a zona na que se desenvolvía a vida pública e
relixiosa na antiga Roma. O Foro é, xunto co Coliseo, a maior mostra de
grandeza do Imperio Romano que se pode ver na actualidade. Ao finalizar o Imperio, o Foro Romano deixouse no esquecemento e, co tempo, quedou enterrado. Aínda que no século XVI xa se coñecía a
existencia e a localización do Foro, non foi ata o século XX cando se
realizaron as escavacións.A área na que se atopa o Foro era, nos seus inicios,
unha zona pantanosa. No século VI a.C. a área foi drenada mediante a
Cloaca Máxima, un dos primeiros sistemas de alcantarillado do mundo.
Son moitos os puntos de interese, a destacar: Vía Sacra: Era a principal rúa da antiga Roma e comunicaba a Praza do Campidoglio co Coliseo.
Arco de Perico: É un arco do triunfo que conmemora a vitoria de Roma
sobre Xerusalén. Foi construído trala morte do emperador Perico.
Arco de Severo Sétimo: Arco erixido no ano 203 d.C. para conmemorar o terceiro aniversario de Severo Sétimo como emperador.
Templo de Antonino e Faustina: Construído no século II, o mellor conservado do Foro
Romano.
Basílica de Majencio e Constantino: Aínda que está derruída na súa
maior parte, o seu tamaño dá motivos para pensar que foi un dos
edificios máis importantes do Foro Romano.
A Curia: Neste edificio reuníase o Senado para tomar decisións administrativas e sobre o Goberno de Roma. Columna de Foca: Erixida no ano 608 d.C. en honor ao emperador de
Bizancio, esta columna de máis de 13 metros de altura é unha das poucas
que permanecen en pé. Pegada ao Foro Romano atópase a Praza do Campidoglio ou Praza do Capitolio está situada na cima do
Outeiro Capitolino é a primeira praza moderna que se deseñou en Roma.
Foi trala visita a Roma do emperador Carlos I en 1536 cando o Papa Paulo
III Farnese encargou a
Miguel Anxo o deseño da nova praza. No centro da praza instalouse unha impoñente estatua ecuestre de Marco
Aurelio realizada en bronce, que na actualidade atópase resgardada no
Palacio dos Conservadores. A que se atopa na praza na actualidade é unha reprodución.
Debido a que as obras foron demasiado lentas, Miguel Anxo non viviu para
ver a súa obra finalizada aínda que, malia isto, a construción
realizouse seguindo fielmente os seus planos. Nesta praza atópase tamén, na esquina entre o Palazzo Senatorio e o
Palazzo Nuovo unha copia da escultura da coñecida Loba Capitolina, que
forma parte da Lenda de Rómulo e Remo. A orixinal está resgardada nos Museos Capitolinos.
O Panteón de Agripa, tamén coñecido como o Panteón de Roma, é unha das
obras mestras da arquitectura da capital italiana. É o edificio mellor
conservado da antiga Roma, está situado na Piazza della Rotonda.
A construción do Panteón actual levouse a cabo en tempos de Adriano, no
ano 126 d.C. O nome de Agripa vén dado porque o lugar no que está
construído o edificio actual estaba anteriormente ocupado polo Panteón
de Agripa, construído no ano 27 a.C., que quedou destruído debido a un
incendio no ano 80 d.C. A principios do século VII o edificio foi doado ao Papa Bonifacio IV e
este transformouno nunha igrexa. O que máis sorprende da arquitectura do Panteón son as súas medidas: o
edificio circular mide exactamente o mesmo de diámetro que de altura:
43,30 metros. A cúpula, co mesmo diámetro, é maior que a da Basílica de
San Pedro. No centro da cúpula ábrese un óculo de 8,92 metros de
diámetro, que permite que a luz natural ilumine todo o edificio.
A fachada rectangular, que oculta a enorme cúpula, está composta por 16
columnas de granito de 14 metros de altura, sobre as cales pódese ver a
inscripción "M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIVM.FECIT", que significa: Marco
Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fíxoo". No interior do Panteón atópanse as tumbas de numerosos reis de Italia e
multitude de obras de arte. O personaxe máis coñecido que se atopa
enterrado no Panteón é sen dúbida o pintor e arquitecto renacentista
Rafael. Os arredores do Panteón adoitan estar repletos de xente a calquera
hora, tanto fotografando o edificio, tomando unha cea
típica ou un refrixerio nalgunha das terrazas da Piazza da Rotonda, mentres gozan do
espectáculo proporcionado por diferentes artistas que traballan na rúa. Preto do monumento atópanse pazos, fontes de auga fresca, e vellas rúas de Roma.
A Ribeira Sacra Lucense reúne unha serie de características relacionadas co seu chan eo seu microclima atlántico, no que a suavidade
das temperaturas ao longo de todo o ano, ambiente contrastado
e seco cunha forte insolación facilitou o desenvolvemento da viticultura. O cultivo da uva realízase en socalcos que consegue dotar de personalidade á ribeira e configura unha paisaxe
humanizada e modelada ó longo dos séculos. As “muras”, muros de contención, para asegurar a terra e aproveitar mellor o terreo. Esta forma de cultivo dificulta o uso de mecanización e polo tanto esixe un grande esforzo das persoas que traballan as viñas. A vide
introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da
Gallaecia primitiva, tempo no que xa viaxaban a roma os caldos galegos, segundo os indicios dos que se dispón. Pero as colonizacións monásticas medievais foron as que impulsaron a produción de vides na comarca.
Nos últimos tempos este viño, con denominación de orixe "ribeira sacra", converteuse nun importante factor de
dinamización económica do concello de Chantada, dado que se exporta a moitos lugares do mundo. Para as persoas que se acercan aos froitos das vides, cando están na súa maduración, é un gusto recrearse na súa contemplación e tamén na súa degustación. Na adega restaurante da Ermida, núcleo situado en plena rebeira, podemos contemplar os antigos utensilios que se usaban para o trafego do viño. ademais de desfrutar dunha comida rica e moi económica. Perderse polos múltiples currunchos cheos de vexetación, edificios románicos, comprar viño nas moitas adegas da zona, ou durmir nalgún pazo de turismo rural, son algúns dos praceres que nos podemos dar.
Pisa, Toscana. Está situada á beira do Mar Tirreno, é atravesada polo río Arno, o mesmo que pasa por Florencia, e que Maquiavelo, cun proxecto de Leonardo da Vinci, tentou desvialo e separalo de Pisa. É a cidade natal de
Galileo Galilei. Foi fundada no S.V a.C. polos etruscos, e desde o S.III a.C. foi aliada
de Roma. No ano 180 a.C. converteuse en colonia romana, pasando a ser
unha importante base naval, chamada Portus Pisanus. No S.XII, grazas á
súa participación nas Cruzadas, converteuse no principal centro de
comercio co Mediterráneo oriental.O seu declive comezou en 1284 trala derrota da súa flota en Meloria a
mans dos xenoveses. En 1405 tras un longo asedio, foi conquistada por
Florencia. No centro da cidade atópase a Piazza dei Cavalieri, un
lugar que recibe o seu nome pola sede da orde do mesmo nome, fundada no século XVI para
defender as costas do Tirreno dos ataques de piratas sarracenos. Pódense ver varios pazos: Palazzi degli Anziani, unha construción do século
XI que albergaba a sé dos representantes do Goberno de Pisa. A torre do
Orologlio, antiga prisión, é o escenario dun dos pasaxes da Divina
Comedia de Dante Aligheri. Na Piazza dei Miracoli atópanse os monumentos mais importantes de Pisa: Torre inclinada, foi declarada en 1987 Patrimonio da
Humanidade pola UNESCO, é o campanario do Duomo, catedral. Ten 55 m. de altura é caracterízase pola
súa inclinación de 5º 30' (4,20 m.) e pola súa decoración claroscura. Na sala da
campá, Galileo realizou os seus experimentos sobre a gravidade.
A súa construción foi iniciada en 1173, pero tivo que ser interrompida
cando ía pola terceira planta, debido ao afundimento do terreo no que
está asentada, en 1350 rematou a súa construción, despois de corrixir o deseño e facela máis lixeira.
No S.XVI consolidouse a base, pero continuou a inclinación, ata tal punto que en 1990 a torre foi pechada ao público,
porque se inclinaba 1,18 milímetros anuais.
No 2002 volveu abrirse ao público tras endereitala 39,60 centímetros. A
técnica empregada foi a extracción da terra situada baixo o
"campanille", na parte oposta á da súa inclinación, para logo deixar
caer o edificio sobre o oco creado.Outro dos edificios da praza é o Duomo, catedral, esta empezou a construírse
logo da vitoria sobre os sarracenos en 603 en Palermo, destinouse o
botín de cinco navíos para a súa construción, rematouse no 1122, sendo a máxima expresión da arquitectura románico-pisana. A
fachada está decorada con catro niveis de galerías de pequenas
columnas.Tamén se atopa nesta praza o Baptisterio, Construído en 1152, ten a mesma altura que a torre inclinada. A súa
planta é circular de 35,50 m. de diámetro e está cuberto por unha cúpula piramidal de oito lados, coroada
por unha estatua de San Xuan Bautista. No exterior está percorrido por unha galería de columnas e elementos
decorativos gótico-floridos, que fan xogo coa estrutura do Duomo. Resulta curioso como os turistas se empeñan en endereitar a Torre, fotograficamente, claro.
Canteiras de Carrara, Códena, Toscana. Estas canteiras son moi coñecidas polo seu "mármore de Carrara". O Panteón de Agripa,
Columna de Trajano, O David de Miguel Angel, na Catedral de Siena o púlpito gótico octogonal, fachadas de múltiples catedrais italianas como a de Florencia, escultores coma Giovanni e Nicola Pisano, deron un pulo ao uso deste material, usado tanto en elementos artísticos como elementos de construción e decoración. Era o mármore
preferido por Miguel Ángel para as súas esculturas, afirman
que viaxaba a Carrara para seleccionar os bloques cos que
realizaría as súas obras, excepto no caso do "David", xa que este era, orixinalmente, un bloque de Carrara que pasou de man en man por outros
escultores (Agostino dei Duccio e Antonio Rossellino) e terminou
finalmente no obradoiro de Miguel Angel, ao que non lle importaron as
pequenas deficiencias de orixe do mesmo. Estas canteiras
probablemente xa se usaban na Idade de Bronce para producir utensilios
variados e tamén obxectos decorativos e conmemorativos para incluír nas
tumbas dos mortos.
Cos romanos comeza unha importante extracción e na época de Xulio César
(48-44 a. C.),usábase este mármore para as construcións públicas de Roma
e tamén en moitas casas patricias. A exportación realizábase polo
porto de Luni, de aí o seu nome de (marmo lunense).
Esta actividade extractiva detense a partir do século V, pola caída do imperio romano. Máis adiante pasa a ter unha gran demanda xa que se usaba
para a construción e a decoración interna dos edificios relixiosos. Hoxe hai
unhas 300 minas en funcionamento, unha parte da extracción exportase. Todos os séculos de explotación e dominación non acougaron o carácter
rebelde do seu pobo que posúe unha forte tradición obreira onde as súas organizacións tiveron e seguen tendo moito peso. Un monumento no centro de Códena, poboación situada a carón das minas, ilustra sobre sobre as duras condicións de traballo das persoas mineiras. Chama, tamén, a atención o prato típico desta poboación, touciño ou lardo, que nos indica o esforzo físico que realizaban as persoas que traballaban na mina. A destrución do medio natural que implica a explotación da mina, fainos reflexionar sobre os prezos que se pagan polo uso destes materiais.