A vide introdúcese na comarca durante o período da conquista romana da Gallaecia primitiva, tempo no que xa viaxaban a roma os caldos galegos, segundo os indicios dos que se dispón.
Pero as colonizacións monásticas medievais foron as que impulsaron a produción de vides na comarca.
Nos últimos tempos este viño, con denominación de orixe "ribeira sacra", converteuse nun importante factor de dinamización económica do concello de Chantada, dado que se exporta a moitos lugares do mundo.
Para as persoas que se acercan aos froitos das vides, cando están na súa maduración, é un gusto recrearse na súa contemplación e tamén na súa degustación.
Na adega restaurante da Ermida, núcleo situado en plena rebeira, podemos contemplar os antigos utensilios que se usaban para o trafego do viño. ademais de desfrutar dunha comida rica e moi económica.
Perderse polos múltiples currunchos cheos de vexetación, edificios románicos, comprar viño nas moitas adegas da zona, ou durmir nalgún pazo de turismo rural, son algúns dos praceres que nos podemos dar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario