Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Calatañazor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Calatañazor. Amosar todas as publicacións

24/11/17

Calatañazor, Soria 2



Calatañazor está declarado Conxunto Histórico Artístico desde 1962. É unha pequena poboación medieval, onde se recorda a lendaria batalla de Calatañazor.
A poboación está situada sobre un outeiro é rodeada de murallas. O nome de Calatañazor vén de "calat am nasur" que significa "castelo dos voitres", o que dá idea do fortificado e difícil de asaltar.

A arquitectura é popular: o Paseo polas súas rúas trasládanos varios séculos no pasado. Destacan as formas peculiares das chemineas, que rematan en pico, o que dificulta que a neve do inverno se pouse nelas.

A igrexa da nosa Señora do Castelo é románica con modificacións posteriores. Destaca a súa portada e detalles decorativos como un conxunto de tres arcos cegos, un deles lóbulo de crara influencia Andalusí .

Un busto de Almanzor, dirixente musulmán, está situado no centro do pobo, este foi derrotado na lendaria batalla de Calatañazor.  


Tamén existe no centro da vila un "Rolo ou picota", columna de pedra onde se expoñían á vergonza os presos condenados.

Desde o castelo téñense unhas boas panorámicas das chairas que contornan Calatañazor.

Na parte sur e fóra das murallas, atópanse unhas tumbas antropomorfas medievais excavadas na rocha, que deberon pertencer a un cemiterio extramuros que se atopaba preto dunha ermida hoxe desaparecida. 


Neste lugar, de entorno medieval, Orson Welles localizou a súa película "Campanadas a medianoite". 



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

10/11/17

Calatañazor, Soria 1




O nome de Calatañazor procede do árabe, segundo varios autores, (Calat-An-Asor..., segundo varios autores), que significa castelo do voitre ou niño de aguias para outros. Esta poboa que mira ao val do Sangue, onde se sitúa a batalla entre as tropas cristiás e as de Almanzor en 1002, na que Almanzor foi derrotado. Segundo a tradición morreu pouco despois e foi enterrado en Medina Salim (Medinaceli).

O castelo, do século XIV ou XV, está moi derruído, siguen en pé algúns lenzos e parte da torre da homenaxe de mampostería e sillería con reforzos nas esquinas. 

Na torre de homenaxe quedan restos de aparello árabe e unha ventá gótica. Polo lado da poboación conta cun foso, mentres que polo val do Sangue a propia altura dos riscos ofrecen suficiente protección. A poboación está amurallada, da que se conservan lenzos no noroeste e sur, cunha porta.

Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí .