Translate
04/04/15
Castelo de Pambre
O Castelo de Pambre está situado no alto dun acantilado, polo tanto fácil de defender, á beira do río Pambre, nun dos tramos de máis beleza. É un exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Foi
construído por Gonzalo Ozores de Ulloa en torno a 1375. De planta
cadrada, e cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao
terreo. Os muros son de cachotería e cantaría de granito. O edificio
central está formado por unha a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro
de menor tamaño, tamén cadradas, e que se localizan en cada un dos
ángulos da torre maior e comunicadas entre si por unha muralla. Accédese ao
patio interior por un portalón adintelado practicado na muralla. Os irmandiños non foron capaces de derrubalo. Baixando ata o río atopamos unha ponte e os restos duns muíños. Subindo río a riba podemos ver os restos dunha minicentral eléctrica, situada á altura do castelo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario