Translate

08/12/14

Getaria

Un feito a destacar na historia de Getaria sucede en 1397, cando na igrexa de San Salvador se constitúe a Irmandade  de Guipúscoa, xerme do actual Territorio Histórico.
É un importante porto mercantil e pesqueiro desde a Idade Media, foi incendiada e destruída varias veces. En 1628, na súa baía líbrase unha importante batalla naval entre as escuadras francesa e española, sendo desfeita esta última e quedando a vila esnaquizada.
A actividade mariñeira foi tradicional en Getaria. Durante centos de anos a caza de baleas tivo unha gran importancia na  economía da vila. De feito, a balea foi historicamente o motivo principal dos seus escudos.
Getaria está na cadea costeira  guipuscoana, zona constituída por materiais do terciario dispostos en estratos, formando espectaculares ladeiras erosionadas. Estes estratos erosionados, cando se penetran no mar, forman o fenómeno xeolóxico denominado flysch.
A súa privilexiada contorna é unha paleta na que se mesturan todas as gamas de cores, con predominio do azul e o verde.
A súa paisaxe ofrece a visión duns campos cubertos por viñedos, cuxo froito será transformado en txakolí.
Entre estes campos discorre, tamén, o Camiño de Santiago coñecido como o da costa, que entra desde Zarautz, atravesa o municipio, pasa xunto á medieval ermida de San Prudencio e chega até Askizu, un balcón sobre o Cantábrico onde se atopa a igrexa de San Martín de Tours.
O Monte San Antón, coñecido como Rato de Getaria, constitúe un interesante parque natural no que se pode apreciar unha gran variedade de plantas e arboredo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario