Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e
Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a
través da música. Nados na terra chá, Mini e
Mero representan a coherencia e a honestidade
daquelas persoas que non claudican ante as modas e os cantos de serea dos mercados, que non están
dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos.
Este outono estiveron no local da AAVV do Agra no que amosaron o seu ben facer na poesía e na música.
Este concerto, máis que concerto eu diría que foi un acontecemento musical, emocional, no que as persoas que asistimos sentímonos en comuñón coa terra e co País.
Ningún comentario:
Publicar un comentario