Translate

09/12/12

Sisargas; natureza, aventura, pracer


Este verán, invitado por un grupo de persoas relacionadas co instituto de “Monte Neme” de Carballo despraceime a Malpica. Nesta vila mariñeira embarcamos rumbo ás illas Sisargas (saber mais), saíndo do porto, á nosa dereita contemplamos un tramo da costa de Bergantiños, pola esquerda vemos ao monte do cabo de Santo Adrián, no medio do monte atópase o santuario do mesmo nome.

Á chegada a illa “Grande” ou “A Illa”, así se chama a de maior tamaño, desembarcaramos nun pequeno porto construído para atender as necesidades do Faro. Recíbennos unha cohorte de gaivotas que nos atronan cos seus berros, alarmadas pola presencia de individuos/as que rompen a súa tranquilidade e dos que nunca se sabe cando van en son de paz ou en son de destrución de todo tipo de medios naturais (ou artificiais).

Contemplando de cerca esta paisaxe, tantas veces imaxinada e mesmo mitificada, sobrecolle e cautiva.

Doume conta do plural do nome de Sisargas, conxunto de tres illas “Grande” ou “A Illa”, “Chica” e “Malante”.

Vexo que é o paraíso das gaivotas que teñen as illas colonizadas e onde crían, vense niños a ras do chan e moitas crías exercitando as técnicas do voo sen que as molesten, esto é moito dicir porque nos fomos unha molestia para elas, aínda que tentamos que fose mínima.

As augas transparentes e limpas permiten ver un fondo mariño cheo de vida e de mil cores e formas.

A vexetación é a propia de espazos agrestes mariños, as plantas que mais destacan son toxos, silvas, e outras especies propias do medio, tamén destacan as plantas de allos seme-silvestres, restos de plantacións realizadas polos fareiros/as que habitaron as illas durante un tempo.

O faro preside o bico da illa Grande, chamase o faro “Sisargas”, empezou a emitir luz a noite de 29 de xuño de 1853, menos de un mes despois de facelo o faro de Fisterra, o mais antigo da costa da morte, este faro esta situado a 103 metros sobre o nivel do mar, o que lle permite alongar os seus raios a 23 millas. Sufriu distintas melloras e ampliacións ata constituírse nun faro de primeira orde, dada a altura da illa non foi necesario subilo a unha construción moi alta, só ten 7,5 metros. Este faro xunto co de Cavo Vilán foron dos primeiros que iluminaron o arco comprendido entre A Coruña e Fisterra, vale de enfilación para os barcos que queren entrar en Caión, procedentes da Coruña.

O mantemento do faro e dos sistemas que o rodean levábano a cabo os fareiros, que permanecían longas temporadas na illa soportando a Soedade e os temporais que azoutan as illas durante o inverno.

Constrúese unha pista de aterraxe de helicópteros para facilitar a vida e as labores dos fareiros.

Para facilitar a navegación nos tempos de brétema instalouse unha serea que emitía son cando había visibilidade reducida, hoxe non se utiliza e os seus restos poden contemplarse nun edificio medio derruído cerca do faro. Na punta que sae mais cara o mar a dentro, sitúanse outros restos tamén dunha “electro-serea”, de deseño moito mais moderno pero que tamén foi superada polo imparable avance tecnolóxico.

Un recorrido polo costado do acantilado sur da illa Grande levounos a punta mais saliente, despois de pasar unhas emocións fortes e un pouco de medo, volvemos ao bico da illa.

Un baño de sol e de auga fresca na pequena praia da illa Grande completa a estancia neste arquipélago no que seguramente habitaron moitos deuses.

De volta cara Malpica saímos con mar calma pero pouco a pouco foise tornado a marexada (para os novatos, os mariñeiros falaban dun “pouco de mar”, o caso é que o barco parecía desaparecer no fondo do mar, virando para todos os lados, os puntos cardinais parecían revoltos nun barullo de olas, despois subía ao bico e volvía a baixar, ata que por fin divisamos a entrada do porto, onde nos depositou o deus Poseidón de volta da nosa Ítaca.

Unha queimada, xa a tardiña entre lusco e fusco puxo punto final a un día para gardar con agarimo na nosa historia.

Gracias a Fina e demais acompañantes de aventura.

        Eduardo Pondal


Quen tivera ditoso

un tan sublime acento

que do seu fondo sono

despertara os galegos!

iOh, quen cumprir pudera

tan xeneroso intento

desenterrando a lira,

a lira de Tirte



Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño


1 comentario:

  1. Pasamos un gran día nesta illa fermosa e chea de gaivotas. Ainda asi, non foi un impedimento facer un percorrido por ela e disfrutar das boas vistas que desde alí se poden contemplar.
    Grazas Manolo, polas pola achega das fotos.

    ResponderEliminar