Translate

06/12/12

Singraduras. Un veleiro en altamar




Un veleiro abandona o porto, abrigado de ventos do norte e do sur, vixiado por breogan dende o bico da torre,  onde as augas están calmas e seguras e adéntrase nas incertas derrotas dos océanos, alí os seus tripulantes atoparanse sós, consigo mesmos, e a mercede das correntes e ventos mariños, só acompañados do latexar das aves aventureiras na súa eterna migración de norte a sur e de oeste a leste.
Estes tripulantes, o mesmo que as aves mariñas, non poden varar o barco, e aquí me quedo, precisan seguir o rumbo do destino, que os leve a novos portos.


Manuel Antonio (saber mais)



De catro a catro

INTENCIÓNS.

Encheremos as velas
c´a luz náufraga da madrugada
Pendurando en dous puntos cardinaes
a randeeira esguía
d’ o pailebote branco.
C’ as suas mans loiras
acenan mil adeuses as estrelas.

Inventaremos frustradas descubertas
a barlovento d’ os horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
d’ os nosos veleiros defraudados.

Halaremos polo chicote
d’ un meridián innumerado

N’ a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d' a cidade

Ela noitamula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d' os Ventos d' o noso corazón.

Encadearemos adeuses d’ escuma
pra tódalas prayas perdidas
Xuntaremos cuardernos en branco
d' a novela errante d' o vento
Pescaremos n' a rede d' os atlas
ronseles de Simbad

E cazaremos a vela
sobre o torso rebelde d' as tormentas
pra trincar a escota d’ unha ilusión. 


(Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño

Ningún comentario:

Publicar un comentario