Translate

19/12/12

Paiosaco, Feira de Peisaco, A Laracha

    Paiosaco, Feira de peisaco
    Na estrada de Coruña a Carballo, despois de Lañas, atópase a poboación de Paiosaco, Peisaco, como sempre dixemos os que somos da zona, aquí ten lugar  a “feira de Peisaco”, que se ben celebrando dende hai moito tempo, as persoas maiores da comarca acórdana dende sempre.
    Esta feira aínda conserva moitas das formas da feira tradicional. Pódense comprar produtos agrícolas producidos na zona ás persoas que os cultivan e os levan a vender á feira. A maior parte destes produtos son de temporada: patacas, hortalizas, froitas. Tamén atopamos ovos, broa, molete, carne salgada, polos, coellos, mesmo aves raras que un se pregunta, que fan aquí?. Non faltan zoqueiros, zapateiros, ferreiros, polbeiras.
    Os xastres sempre puxeron os seus postos nesta feira, hoxe apareceron novos postos de roupa producida fóra do pais. Desapareceron os postos de mulleres con atados  de retallos de teas, que compraban na praza da Cormelana ( A Coruña).
    Os que non se poden atopar son os “tebeos” de “El capitán trueno”, “ El jabato”, as novelas de “Marcial Lafuenta Estefanía”, policíacas, de espías, fotonovelas, e demais literatura que alimentou a miña fantasía e imaxinación infantil e xuvenil, nas longas e solitarias horas nas que tiña que “apastar” as vacas.
    O “Peisaco das zreixas” , así é como se coñece a feira do primeiro domingo do mes de xullo, na que o produto estrela son as cereixas, antes procedentes, na súa maioría, das parroquias de Coiro e Soandres, situadas á beira do Anllóns. Hoxe a maior parte das cereixas que se venden son de fóra, Val do Jerte e do Bierzo. O sabor deste froito quedou especialmente gravado na miña memoria como un dos maiores gozos culinarios da miña historia, acrecentado polo alto prezo que levaban e polo tanto as pouquiñas que se podían comer de cada vez.
    Nesta feira probei por primeira vez “Granadas”, “Laranxas”, “ Uvas”, e outros froitos que non se daban nas hortas dos meus avós nin nas dos meus pais.
    Outros recordos tráenme imaxes como as dos sacos cheos de fabas, despois dos múltiples traballos que requiría conseguilas, que a miña nai levaba  á feira andando o outono e que cando conseguía un bo prezo, despois dun complexo regateo, volvía da feira contenta, podía facer fronte aos múltiples gastos cotiáns de seis fillas/os.
    Moi lonxe queda, na miña memoria, o carro de bois cargado de cochos, fabas, rapaces, etc, camiño da feira.
    O ceboliño e as coles para plantar, mellor as de Baldaio, formaban parte do catálogo de produtos que se mercaban nesta feira.
    O que non vía con moi bos ollos era cando a miña nai levaba os ovos a feira, porque se os vendía, podía comprarme uns zapatos de “segarra”, pero as tortillas estaban mais brancas e non sabían tan ben. A miña nai sabia “gobernar a vida”, aínda que eu non o entendera.       Paiosaco, Feira de peisaco
    Na estrada de Coruña a Carballo, despois de Lañas, atópase a poboación de Paiosaco, Peisaco, como sempre dixemos os que somos da zona, aquí ten lugar  a “feira de Peisaco”, que se ben celebrando dende hai moito tempo, as persoas maiores da comarca acórdana dende sempre.
    Esta feira aínda conserva moitas das formas da feira tradicional. Pódense comprar produtos agrícolas producidos na zona ás persoas que os cultivan e os levan a vender á feira. A maior parte destes produtos son de temporada: patacas, hortalizas, froitas. Tamén atopamos ovos, broa, molete, carne salgada, polos, coellos, mesmo aves raras que un se pregunta, que fan aquí?. Non faltan zoqueiros, zapateiros, ferreiros, polbeiras.
    Os xastres sempre puxeron os seus postos nesta feira, hoxe apareceron novos postos de roupa producida fóra do pais. Desapareceron os postos de mulleres con atados  de retallos de teas, que compraban na praza da Cormelana ( A Coruña).
    Os que non se poden atopar son os “tebeos” de “El capitán trueno”, “ El jabato”, as novelas de “Marcial Lafuenta Estefanía”, policíacas, de espías, fotonovelas, e demais literatura que alimentou a miña fantasía e imaxinación infantil e xuvenil, nas longas e solitarias horas nas que tiña que “apastar” as vacas.
    O “Peisaco das zreixas” , así é como se coñece a feira do primeiro domingo do mes de xullo, na que o produto estrela son as cereixas, antes procedentes, na súa maioría, das parroquias de Coiro e Soandres, situadas á beira do Anllóns. Hoxe a maior parte das cereixas que se venden son de fóra, Val do Jerte e do Bierzo. O sabor deste froito quedou especialmente gravado na miña memoria como un dos maiores gozos culinarios da miña historia, acrecentado polo alto prezo que levaban e polo tanto as pouquiñas que se podían comer de cada vez.
    Nesta feira probei por primeira vez “Granadas”, “Laranxas”, “ Uvas”, e outros froitos que non se daban nas hortas dos meus avós nin nas dos meus pais.
    Outros recordos tráenme imaxes como as dos sacos cheos de fabas, despois dos múltiples traballos que requiría conseguilas, que a miña nai levaba  á feira andando o outono e que cando conseguía un bo prezo, despois dun complexo regateo, volvía da feira contenta, podía facer fronte aos múltiples gastos cotiáns de seis fillas/os.
    Moi lonxe queda, na miña memoria, o carro de bois cargado de cochos, fabas, rapaces, etc, camiño da feira.
    O ceboliño e as coles para plantar, mellor as de Baldaio, formaban parte do catálogo de produtos que se mercaban nesta feira.
    O que non vía con moi bos ollos era cando a miña nai levaba os ovos a feira, porque se os vendía, podía comprarme uns zapatos de “segarra”, pero as tortillas estaban mais brancas e non sabían tan ben. A miña nai sabia “gobernar a vida”, aínda que eu non o entendera.

 Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño

Ningún comentario:

Publicar un comentario