Translate
27/03/15
As Torrentes de Mácara, Ulla ,Pambre
As Torrentes de Mácara, sitúanse no lugar de Mácara, aldea de Ramil do Concello de Palas de Rei, nun
tramo do alto Ulla entre o balneario de Frádegas e a confluencia Ulla -
Pambre. O Ulla discorre por un pequeno canón entre granito con moitos
rápidos e pequenas fervenzas. A de máis altura entre 3 e 4 metros a de
Mácara. Despois deste tramo axitado e nunha zona de augas calmas prodúcese o encontro co río Pambre, seguindo o curso deste, a pouca distancia, atopamos un salto de auga que corresponde a un pequena presa.
22/03/15
Mosteiro Benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil
O mosteiro beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, destaca pola súa monumentalidade asi como pola espectacularidade da seu enclave rodeado de bosques ao bordo do río Sil.
Hai manifestacións da súa existencia no S. X, aínda que a construción arquitectónica que se conserva actualmente data dos S. XII e XIII. Trátase dunha das xoias arquitectónicas do románico galego e do labor escultórica dos mestres medievais que traballaron na súa fábrica.
Na súa contorna gozamos dunha extraordinaria beleza natural. Está conectado por un carreiro de grande beleza que bordea o río Sil, a través de bosques centenarios, co Monasterio de de Santo Estevo de Ribas de Sil, a uns 20km aproximadamente de distancia. Atópase próximo tamén ás rutas do Catamarán, desde o cal, pódese observar a torre do mosteiro; Próximo atopamos tamén o Miradoiro dos Balcóns de Madrid, e o pequeno pobo histórico-artístico de Rabacallos.

13/03/15
Mini e Mero cantan un poema de Rosalía
Mini e Mero cantan un poema de Rosalía. Nun recital memorable que deron na AAVV da Agra do Orzán na Coruña. Mini e Mero puxéronlle voz e música a un poema de Rosalía no que invitan a reflexionar sobre o noso pasado persoal e colectivo, recuperar a memoria e a auto estima e tamén recoñecernos a nos mesmos na imaxe cristalina da auga da fonte, que tamén é a da vida.
06/03/15
Canóns do Sil
O río Sil formou ao longo dos séculos profundos canóns, nas partes máis abruptas estes desfiladeiros chegan aos 500 metros de profundidade. Son
fracturas graníticas entremetidas de bosques autóctonos por todos os
recunchos. A pesar do forte desnivel medio, a paisaxe está humanizado
con bosques e cultivos de viñas por medio de balcóns (terrazas de bancais) nas ladeiras de solaina. Currunchos entre penedos son aproveitados para plantar vides. É de admirar a difícil vendima nestas
pendentes onde as costas das e dos vendimadores segue a ser a maneira de sacar as uvas, excepto
pequenas axudas modernas de mecanización por medio de raíles. Estes viños son
reputados desde tempos dos romanos, coma o de Amandi ou a variedade de uva
autóctona, mencía.
27/02/15
Illas de Ons
As illas de Ons, Onza e o Illotes das Freitosas pechan a Ria de
Pontevedra cunha liña praias. A parte non visible das illas, desde terra, é extremadamente agreste e
propicia para a formación de covas mariñas (furnas). Esta
parte máis occidental da illa, aberta ao océano atlántico, ofrece ao
visitante espectaculares acantilados.
A illa é un conxunto de grande beleza algúns dos puntos de visita obrigada son: "O Cucorno" que está presidido polo Faro de Ons e desde o cal se pode contemplar unha perspectiva das illas no seu conxunto. A "Laxe do Crego", un antigo sepulcro accesible desde a praia de Area dos Cans, unicamente coa marea baixa.
Unha serie de rotas, ben indicadas e marcadas, permiten coñecer a illa:
Rota do Faro: Esta rota comezan na igrexa, cerca do porto, e lévanos ao Faro, punto máis alto da illa con 128 metros, desde desde este punto podemos observar o océano, a ría e a península do Salnés.
Ruta Naturista: Esta ruta percorre a zona máis virxe da illa. Sáese da igrexa e xa moi preto dela poderemos ver os restos dun dos dous castelos que se construíron para a defensa da costa. Logo dun paseo de 2 Km., chegamos á praia de Melide, a máis ampla e fermosa da illa, de area branca e augas transparentes. Seguindo a rota chegamos a Centulo, desde onde podemos ver A Lanzada, O Grove, A Toxa, e tamén a illa de Sálvora.
Rota Histórica: Este carreiro bordea toda a illa e permite perdernos entre a illa a natureza o horizonte eo océano.

20/02/15
Entroido en Galiza, Xenerais, Xeneralas da Ulla
Xenerais, Xeneralas da Ulla. No tempo de entroido, a comarca natural da Ulla é percorrida por uns personaxes moi orixinais chamados "Os Xenerais da Ulla" posúen unhas orixinais vestimentas, inspiradas nas utilizadas polos militares nas loitas liberais durante o século XlX e outros adornos que estenden tamén aos cabalos. Deste entroido rural temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os
xenerais, xeneralas e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día
dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de
abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou
alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer
burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos
durante o ano.
Dunha parroquia a outra o Entroido da
Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos
definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade dunha das máis autenticas expresións do entroido tradicional galego.14/02/15
Ponte de Lima
Ponte de Lima, vila milenaria, situada a beira do río Lima, ten unha historia moi antiga. Aquí, os Romanos construíron unha ponte, que lle dá nome á vila, na calzada que conducía de Braga a Astorga. Ten 277 m de longo por 4 m de ancho, ten 16 arcos de medio punto apoiados en alicerces calados reforzados con tallamares. Foi destruída e posteriormente reconstruída e provista de ameas. Ao río Limia, os romanos, déronlle o nome de Lethes, río do esquecemento. Ás murallas, o mesmo que lle pasou a ponte, tamén foron destruídas. Mandaras construír por D. Pedro, en 1.359. O burgo medieval que naceu á beira destas fortificacións deu lugar, así, a un núcleo urbano que se foi espallando xunto ao río. Aínda asi a vila soubo manter as memorias históricas e a traza arquitectónica do pasado, afirmándose como un exemplo de rehabilitación e xestión urbanística. Merece a pena percorrer o labirinto de rúas do seu centro histórico e descubrir cada un dos seus monumentos, románicos, góticos, manuelinos, barrocos ou neoclásicas.
09/02/15
SERRAS BRANCAS NO COUREL
A serra de Ou Courel é xeolóxicamente a máis completa das serras galegas, estendéndose as súas estribacións a te León. Alternan nela os profundos vales, e os elevados cumes que superan o 1500 m. de altitude. Entre elas esténdense devesas poboadas de castiñeiros, carballos, teixos, faias, freixos, ameneiros, abeleiras, acivros, etc., nos que habitan gran diversidade de fauna.
Destes montes dixo Uxío Novo Neira:
Destes montes dixo Uxío Novo Neira:
"Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home..."
e tamén:
e tamén:
"Panos
brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos espidos
do Nadal!"
Poemas de Uxío Novo Neira, o poeta do Courel.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)