Translate

20/02/15

Entroido en Galiza, Xenerais, Xeneralas da Ulla

Xenerais, Xeneralas da Ulla. No tempo de entroido, a comarca natural da Ulla é percorrida por uns personaxes moi orixinais chamados "Os Xenerais da Ulla" posúen unhas orixinais vestimentas, inspiradas nas utilizadas polos militares nas loitas liberais durante o século XlX e outros adornos que estenden tamén aos cabalos. Deste  entroido rural temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais, xeneralas e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade dunha das máis autenticas expresións do entroido tradicional galego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario