Translate

07/11/14

LÁNCARA


 Láncara pertence á comarca e ó partido xudicial de Sarria. O termo municipal ten unha zona atravesada polo tramo baixo do curso do río Neira, ó redor do que se estende o rebordo oriental da meseta lucense e o norte da chaira de Sarria, pero ten tamén outra boa parte montañosa que enlaza cos rebordos dos macizos dos Ancares e o Courel.

O río Neira nace na Fontaneira (serra do Portelo, O Cádavo), atravesa de Nordeste a sueste os concellos de Baralla e Láncara, e desemboca no Miño, moi preto da Ponte de Neira.
Ponte de Carracedo (Láncara), a ponte máis importante do concello, situada sobre o río Neira ponte de catro vans, (só dous deles situados no cauce do río, o resto para previsión de "cheas") de sillería e cachotería, con tallamar e esporón no piar central. Ten a particularidade de conservar unha pequena construción no centro, unha especie de "templete" que albergou unha imaxe de San Miguel
Nesta localidade atópase a Casa Grande de Láncara, casa de turismo rural con moito encanto. O día 24 de cada mes hai unha pequena feira con polbo e viño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario