A Fervenza, ou "cadoiro", do río Toxa é de extraordinaria beleza, a vexetación, a rocha e a auga fúndense para conseguir esta obra da natureza. O Río Toxa cae preto de 30 m en caída vertical. Este espazo esta rodeado dun denso bosque de carballos, castiñeiros, sobreiras, amorodeiras e decenas de especies máis. É un primitivo bosque autóctono de Galicia. Así era fai centos de anos e esperemos que permaneza así outros centos de anos máis. Á fervenza accedese por dous lugares diferentes; desde arriba, un miradoiro permite observar o salto desde a súa parte máis alta e tamén as espectaculares vistas da unión do río Toxa eo Deza, encaixados nos seus vales. Por baixo do miradoiro discorre unha canle de auga que atravesa a rocha por pequenos túneles. Seguiremos unha pista que baixa cara ao val e cara ao corazón da fervenza. A poucos km do este lugar atópase o mosteiro románico de Carboeiro e a fermosa ermida gótica de San Pedro de Ansemil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario