O
entroido é a festa máis emblemática do concello de Viana do Bolo.
Cualificado como un dos entroidos máis ancestrais de Europa.
Durante os días anteriores ó Domingo Gordo, o Folión de Viana vai tocar a diferentes parroquias do concello, os cales devolven a visita no desfile deste día, na capital do concello. Cos seus ritmos marcan o paso do desfile, espantando meigas e meigallos e dando a benvida á troula.
O Domingo Gordo, un pouco despois de mediodía, celébrase o desfile de carrozas, folións e comparsas, nun percorrido que vai dende a Praza do Toural ata a Praza Maior baixando pola Rúa San Roque.

folión constitúeno os veciños de cada parroquia, persoas
pequenas e maiores. Van tocando diferentes sons con bombos e aixadas
(ou, nalgúns casos, serras e potas).
A
“Folía” é unha danza rápida e confusa que data do Século XV e
que nun principio semella orixinaria de Portugal, na que, ademais de
bailar, os danzantes tamén levaban ó lombo a outros homes
disfrazados de muller.
BOMBO: Instrumento de percusión esencial no Folión. Faise a CAIXA de resonancia cun corpo de madeira, ben desbastando un tronco dunha árbore, ou ben dobrando tiras de madeira axudándose para elo de auga quente.
AIXADA: Este trebello de uso cotián nas hortas e leiras vianesas, convértese no Entroido nun instrumento musical de son inigualable.
BOTEIRO:
Pódese dicir que é o personaxe máis importante, particular e
singular do Entroido vianés. Conta a lenda que con eles se parodia
ós antigos cobradores que ían polas casas dos veciños para cobrar
a contribución. Danza sen parar, e abre paso ó Folión, amosándolle
tamén ós integrantes do mesmo a ruta a seguir no desfile.
O seu aspecto de gran colorido e vistosidade, así como os brincos, berros e movemento de esquilas fan que non pase inadvertido e sexa o auténtico rei da festa do entroido.
Ademais do Boteiro vianés cabe destacar ó Boteiro de Vilarmeao, que se ben viste como o de Viana, varía na Pantalla, xa que a substitúe por un sombreiro en forma de cono adornado con guirnaldas en espiral, e tamén na Careta pois é de cartón en vez de ser de madeira; danzando sempre en círculos ó ritmo que lle marca o Folión.

vestimenta do Boteiro vianés consta de:
PANTALLA: Tamén chamada
Mitra, Alza, Cadro ou Carapucho, noutros lugares, está feita cun
entramado de aramios co que se conseguen diferentes formas
xeométricas, tendo sempre que deixar pasar o aire e non presentar
resistencia ó vento, para así permitir ó Boteiro danzar
libremente. Este entramado vai adornado na súa totalidade con papel
de seda picado de moitas cores.
Fanse grandes para que o Boteiro gañe altura, e con ela gañe tamén xerarquía, pois xa na época greco-romana (orixe do noso Entroido), os personaxes adoitaban poñer sobre as súas cacholas pezas que lle axudaran a gañar esa altura que marcaba o seu status social, xa que o concepto de autoridade estaba moi relacionado coa estatura e a robustez.
A Pantalla únese á Máscara de madeira, e todo isto vai embutido na cabeza do Boteiro e suxeito con correas de coiro para asegurar o amarre, podendo nalgúns casos chegar a pesar esta peza máis de dez quilos.
Na parte traseira colócanselle cintas de papel de seda para tapar a totalidade da cachola do portador da pantalla.

MÁSCARA: Faise de madeira, a cal se vai devastando ata conseguir o modelo
proxectado. Píntase de cor negra, resaltando ollos e boca en branco
e vermello. Adóitase colocarlle un réptil de goma no papo. Vai unida
á Pantalla para facilitar os movementos do Boteiro.
ESQUILAS: Suxeitas a un cintón de coiro grande e resistente colgan as
esquilas, que son usadas para advertir da chegada.
PANTALÓNS(tamén chamados polainas): Fanse de tea de cor vermella e rematados con flocos
de fío en vertical nos laterais e en horizontal nos frontes.
LEGUES : Dende o nocello ata o xeonllo, estas pezas de coiro negro axustan o
pantalón á perna ó ser apertadas á mesma coas trábellas que levan
na parte lateral.
BOTAS: Constitúen o calzado do Boteiro, sendo de cor negra ó igual que as Legues.
BOTAS: Constitúen o calzado do Boteiro, sendo de cor negra ó igual que as Legues.
MONCA: Axuda ó Boteiro nos seus brincos, sendo usada tamén para abrir
camiño ó desfile do Folión. Vai pintada na maioría das ocasións
en franxas horizontais, combinando o branco co vermello ou o negro.
Na parte alta remátase con cintas de cores e cun “pompón” de
lá.
CAMISA: Sobre unha camiseta de tecido forte e resistente, que se usa de base,
faise a camisa do Boteiro. Moitos metros de lazo de multitude de
cores, que adoptan diferentes figuras xeométricas, son engurrados
nunhas Camisas de moitas cores. Mans prodixiosas
e moitas horas de esforzo e traballo, están detrás de todas e cada
unha das Camisas que os Boteiros locen nos desfiles.
VÍDEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario