Translate

06/01/13

Hai que ler para entender, "Eva al desnudo"


    Un vello libro que hai que re ler, ou descubrir, “Eva al desnudo” ou “THE DESCENT OF WOMAN.” Elaine Morgan

    Quixera recomendar a lectura deste libro, por varias razóns:
        Porque incorpora unha visión do mundo desde unha perspectiva feminina, tendo en conta que as persoas deste xénero representan máis da metade da poboación mundial, é evidente a necesidade de incorporar esta visión ao coñecemento universal compartido.
        Por outra parte o xénero masculino, quero pensar que todos, estamos interesados na mellor comunicación e relación co xénero feminino, por múltiples e variadas razóns, logo precisamos coñecer as súas realidades a a súa visión do mundo, tanto como nos permita a pertenza a un xénero distinto.
        De especial importancia parécenme as reflexións que fai a autora acerca das distintas estratexias que utilizan os dous xéneros para resolver os diversos conflitos, tanto no plano persoal como no social. Temos exemplos de sobra que nos permiten ver como, baixo o predominio  do xénero masculino, recorreuse á violencia máis brutal, tanto no plano persoal (violencia de xénero) como no colectivo (guerras, xenocidios, etc). Pola contra as mulleres teñen demostrado, na súa maioría,  maneiras máis pacíficas e menos brutais de solucionar os conflitos.
        O libro tamén mostra como homes e mulleres por motivos históricos, biolóxicos, fisiolóxicos, de reprodución, de subsistencia, etc, establecen distintas relacións persoais co medio no que habitamos, logo non é posible compartir, no profundo, as mesmas experiencias, intereses, impresións, etc, polo que temos que asumir e respectar, sen dúbidas, que cada xénero se manifeste da súa propia maneira, dentro do respecto ás regras de convivencia consensuadas libremente.
    Podería mencionar múltiples aspectos interesantes que podemos atopar na súa lectura, espero que cada quen os descubra.
  A serie de fotografías que amoso pretenden, simbolicamente, representar a necesaria e desexable relación dialéctica entre mulleres e homes, nun intento de converter esta relación nunha fonte de positivas experiencias e praceres compartidos.

Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño

Ningún comentario:

Publicar un comentario