Río Arno ao seu paso por Florencia. Nace nos montes Apeninos, a unha altura de 1385 m, cunha lonxitude de 241Km. Desde este lugar descende ata o Mar de Liguria, Mediterráneo, atravesando de
leste a oeste a rexión italiana da Toscana. No seu percorrido o río Arno
atravesa as cidades de Florencia e Pisa, entre outras. Son moitas as pontes que cruzan o Arno, a máis famoso delas é a Ponte Vecchio
(Ponte Vella) de Florencia, sobre o que están instaladas, desde fai séculos,
tendas de xoias e pedras preciosas.
O seu réxime é mediterráneo con estiaxe no verán e crecidas no outono. O 4 de novembro de 1966 produciuse unha crecida que alcanzou 4.500 m³/s en Florencia,
consecuencia de choivas de máis de 200 mm na
mesma Florencia. En períodos de seca chegou a caudais
moi baixos, mesmo a 0,56 m³/s.
O percorrido é dunha peculiar atracción e beleza. Moitos e moitas artistas inspiráronse neste río para dar vida ás súas pinturas, esculturas ou demais obras mestras, como foron Boticelli,
Miguel Anxo ou Galileo, entre outros.
Fervenzas de Raxoi e Muíños de Parafita no río Valga, este nace nos Montes Xesteiras e vai cara ao oeste, pasa aos pés da Capela dos Mártires. Logo de Raxoi bordea unha montaña e diríxese cara á o norte formando unha "V". Entre Raxoi e Parafita o río entra nunha
zona rochosa que o encaixa e faino
descender 50 metros nunha distancia de tan só 200 m. O Valga
xunta as augas do Rego dos Ferreiros e descende rápido polo val
formando numerosas fervenzas. Neste río, e preto de Ponte Valga, atópase unha área recreativa. Seguindo cara a Raxoi, e collendo unha pista podemos dirixirnos á parte de arriba das fervenzas. Pronto escoitaremos as augas do río Valga á nosa esquerda, moi preto están os Muíños de Parafita a onde se chega por unha pequena senda, que inclúe unha pasarela
de madeira a carón do río, moi cerca aparecen os Muíños, en bo estado de conservación. Río arriba, seguindo unha senda, atopamos as fervenzas de Raxoi. O salto máis grande ten 6 metros e
forma unha grande poza. A paraxe desta zona é moi fermosa.
O Templo exipcio de DEBOD é un templo exipcio do século II a. d C instalado no Parque do
Cuartel da Montaña, foi doado polo goberno exipcio para evitar que quedase inundado trala
construción da gran presa de Asuán.
A construción do templo iniciouse a comezos do século II a. C. adicouse aos deuses Amón e Isis. A
capela está decorada con relevos. Posteriores reis da dinastía
ptolemaica construíron novas estancias ao redor do núcleo orixinal.
Trala anexión de Exipto ao Imperio Romano, os emperadores Augusto e
Tiberio culminaron a construción e decoración do
edificio.
No século VI, trala conversión de Nubia ao cristianismo, o templo foi
pechado e abandonado.
Xa no século XX e debido á construción doencoro de Asuán, o
goberno exipcio regalouno á cidade de Madrid e foi transportado,
reconstruído pedra a pedra e aberto ao público na súa actual localización
en 1972. A reconstrución que se fixo en Madrid mantivo a orientación do
seu lugar de orixe, é dicir, de leste a oeste.
Neste templo de Debod deixaron a súa pegada desde os antigos
fieis de Isis e Amón ata os viaxeiros occidentais do século XIX, estes inscribiron case douscentos grafitos, todos eles catalogados e estudados.
Entre as inscricións plasmadas en Debod, nos seus máis
de 2.200 anos de historia, figuran caravanas de dromedarios, unha gacela,
unha barca, cruces, dúas expresións en grego, palabras coptas, quince
frases en árabe e uns trinta sinais de viaxeiros británicos, italianos e
franceses.
O nome de "O Rastro" débese a que neste lugar estaban situados varios curtidoiros, rúa de "Ribera de Curtidores", cerca atopábase a ribeira do Río Manzanares onde se hubicabao matadoiro, polo que ao transportar, arrastrando, as peles das reses
mortas desde o matadoiro ata os curtidoiros deixaban un
"rastro" de sangue.
Unha escura lenda indica que o nome ven do rastro que deixaba o sangue dos condenados ao
garrote vil e que eran executados á vista de todos neste lugar.
Tradicionalmente a actividade comercial céntrase en artigos
que non se comercializan nos mercados e establecementos clásicos como
mercancías vellas e raras, rarezas e obxectos diversos. Hoxe no rastro podemos atopar roupa e obxectos de primeira man sen usar. Existen rúas e prazas onde predominan certo tipo de mercadorías, como exemplos hai zonas de venta de: paxaros, pintura, revistas, cromos, estampas, roupa de segunda man, libros, roupa underground e accesorios, artigos de ferretería e un sin fin de obxectos variados. O cantante Patxi Andión fixo famosa unha canción nos 70 sobre o
rastro de Madrid, co refrán: "Unha dúas e tres unha dúas e tres o que
vostede non queira para o rastro é". No Rastro de Madrid aínda se poden ver chulapos vendendo barquillos e algunha
anciá tocando o organillo.
Salinas de Ulló. As persoas utilizaron o sal dende a antigüidade. Xa os fenicios
coñecían as súas propiedades e comerciaron con ela. Os romanos tamén tiñan
explotacións ao longo da costa galega. O uso do sal sempre foi importante para o transporte e conservación de moitos
alimentos. A
extracción do sal do mar estendeuse ata os nosos días. En Vilaboa existen os restos dunhas salinas do século XVII que foron
restauradas na primeira década do século XXI. A zona onde
se atopan estas salinas denominase Ulló ou
Ullóo, de aí o nome de Salinas de Ulló.
Os Regos Tuimil e Villil desembocan na baía da Ensenada de San Simón
formando unhas marismas de auga salgada de baixo nivel. Cando
sobe a marea as terras baixas inúndanse pasando a formar parte de ría. Esto motivou que en 1637 se crearan estas
salinas. Constan de varios diques que conteñen as augas salgadas. O dique que pecha a baía ten unha lonxitude de case
340 m e 3m de alto. Estaba
provisto de pequenas comportas que permitían o paso da auga durante a preamar e cando se cerraban retíñana na enseada e nas marismas. Alí, mediante o proceso de
desecación solar conseguíase que os cristais de sal contidos no auga do mar quedaran depositados na superficie da marisma e poder recollelos. Os primeiros que explotaron estas salinas os Xesuítas de
Pontevedra en 1694, estiveron en uso ata o século XX.
Cara ao Oeste sitúanse as ruínas das edificacións da Granxa das Salinas, edificio
de finais do S XVIII e principios do XIX, utilizado pola servidume e
os donos das salinas.Dispoñía de diversas dependencias para a
manipulación do sal e outros produtos.
No século XIX aproveitase o Dique da Ensenada das Salinas de Ulló para
construír muíños de mareas. Hoxe tan só se conservan os diques onde se levantaba o edificio que
albergaba a maquinaria para a moenda do gran.
Edificio de correos de Madrid (Palacio de Cibeles), Palacios, Otamendi. Situado na Praza de Cibeles. Hoxe alberga instalacións do concello de Madrid. As orixes deste edificio remóntanse a 1903, cando o goberno adquiriu parte dos terreos dos
xardíns do Bo Retiro para edificar neles a nova sé de Correos e
Telégrafos.
O Ministerio de Fomento, desa época, convocou un concurso público do
que resultou gañador o proxecto que presentaron os arquitectos: Antonio Palacios Ramilo, Julián Otamendi Machimbarrena e o
enxeñeiro Anxo Chueca Sainz.
As obras comezaron en 1904 e prolongáronse durante trece anos, ata 1917,
debido fundamentalmente ás notables dimensións do edificio, que
ocuparía unha superficie total de 12.207 metros cadrados e alcanzaría un
custo de 10.311.860 pesetas.
A estrutura, como moitas das obras de Palacios, está organizada en
torno a un patio central, ao redor do cal xira todo o edificio,
con torres rematando as esquinas.
O Palacio de Correos foi concibido con criterios de racionalidad e
funcionalidad, e así o gran patio daría entrada cara aos servizos xerais
de correos, telégrafos e telefonía que se instalaron na planta baixa.
As plantas superiores reserváronse para tarefas administrativas,
oficinas da dirección e unha sala de telégrafos que
conectaba directamente coa antena do edificio, que alcanzaba 70 metros
de altura.
En liñas xerais o edificio de Correos é de estilo
modernista ecléctico, con influencias neogóticas, especialmente das
obras de Viollet-lle-Duc, Gustave Eiffel, arquitectura vienesa de
Otto Wagner, etc.
O edificio foi deseñado como un espazo artístico unitario ao servizo
da súa función como Casa de Correos.
Pazo de Cristal no Retiro de Madrid. En 1887 realizouse unha exposición dedicada ás Illas Filipinas, para este motivo construíuse un pazo de Cristal, no recinto do Retiro,
que lle encargaron ao arquitecto Ricardo Velázquez Bosco.
Este pazo segue o estilo do "Crystal Palace no Hyde Park de Londres", todo a base
de ferro e cristal. A construción foi rápida dado que as pezas xa viñan
feitas, polo que en seis meses estaba rematado. Empregouse como invernadoiro para as plantas traídas de filipinas, polo que no centro situouse un
pequeno estanque e varios surtidores que subministrasen humidade ás plantas. Por
dentro é parecido a unha catedral con dúas naves que se cruzan no
que se chama o cruceiro, onde está situada a cúpula. Foi
inaugurado pola rexéntea Dona, María Cristina de Habsburgo o 30 de xuño de
1887. Fixéronse casas típicas
filipinas e trouxéronse filipinos/as para que vivisen alí e a
xente puidese ver os seus costumes, sen comentarios. Hoxe utilizase para realizar exposicións, coma a que está instalada nestes momentos, do artista,Danh V (Bà Ria,
Vietnam, 1975), que a concibiu especificamente para este Pazo de Cristal, e que se titula "Desterra aos sen rostro / Premia a túa graza), na que os osos de Mamut son protagonistas. Na contorna, e mesmo dentro, podemos observar diversidade de paisaxe de outono asi como, tamén, distintos/as personaxes.
A Colexiata de Santa María a Real do Sar, é unha construción románica do S. XII, conserva a maior parte da súa estrutura e elementos arquitectónicos da época, os contrafortes exteriores, engadíronse no S. XVIII, para reforzala. En 1895 foi declarada como Monumento Nacional.
Consagrada por Diego Xelmírez, a súa orixinalidade radica na inclinación
dos seus muros e alicerces interiores. Entre as diversas teorías que expliquen este feito está a
que se debe a que a igrexa está construída nun lugar pantanoso cerca do
Río Sar, o que motivou un paulatino corremento de terra, que arrastrou a
estrutura. Outros apuntan aos defectos na construción das bóvedas. Esta inclinación de muros e alicerces interiores dan unha importante sensación de inestabilidade.
A planta é basilical, con tres naves separadas por alicerces compostos e
decorados con motivos vexetais. Está cuberta con bóvedas de canón,
reforzadas por arcos perpiaños. A cabeceira ten tres ábsidas, o
central é poligonal e os dos laterais semicirculares. A iluminación
interior provén dos vans nos laterais e do rosetón da portada.
O claustro conta cunha galería porticada na que destaca a
decoración dos capiteis, obra do
Taller do Mestre Mateo.