A Giralda, Ou Torre da Giralda é o nome que recibe a torre campanario da catedral de Sevilla, en Andalucía. Os dous terzos inferiores desta torre corresponden ao Alminar da antiga mezquita da cidade, de finais do século XII, época almohade, mentres que o terzo superior é unha construción sobreposta en época cristiá para albergar as campás da catedral. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaxa sobre a cal se álza o Giraldillo.
Durante o periodo de dominación almohade, a cidade de Sevilla converteuse na capital de Al-Ándalus, isto supuxo unha actualización das súas infraestructuras. Unha das construcións que se realizaron foi unha nova mezquita maior, no solar que actualmente ocupa a catedral, e da que dependía o alminar.
A construción da Giralda baseouse no Alminar da mezquita Kutubia de Marrakech (Marruecos), tamén construído no século XII, considerado cos seus setenta e nove metros de altura, unha obra mestra da arte magrebí, consta dunha estrutura moi similar á da torre sevillana.
Se queres ver o vídeo pincha aquí. Se queres ver fotos e poesía pincha aquí Ripar, espadar, fitoira , espadela, mazo, fiar, tecer, tear, debandoira, son palabras que se refiren ás labores de elaborar tecidos.
Todas estas palabras naceron ao redor do cultivo do liño eo traballo da lá, que tanta importancia tivo durante moitos anos en toda Galicia.
Estes instrumentos acompañaron as vivencias da nosa poboación é forman parte da nosa história recente.
As materias primas coas que se tecía eran o liño e a lá. O liño utilizado é o (Linum Usitatissimun), chamado liño manso ou galego. A lá procedía da rapa das ovellas.
A SGHN da Mariña, xunto con outras organizacións ecoloxistas, oponse ao recheo de area da praia de Sada. Estes son algúns dos argumentos que aportan.
"O aporte de area para crear unha praia de 70 m de anchura en zona seca mais outros tantos de zona somerxida vai eliminar toda esta pradería mariña Contrariamente á opinión de moitos cidadáns a zostera fixa os sedimentos en suspensión, clarifica a auga e descontamina as augas. Estes beneficios iranse notando segundo vaia evolucionando a pradería e aumenten as súas densidades.
Resulta curioso que a antiga Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia advirta da existencia de praderías de zostera na praia de Gandario e non fale nada do enorme zosteral que xa existía en Sada. A remediación en Gandario vai intentar non reencher con area nunha contorna de 25 m arredor destas zonas.
A area incorporada vai ser volta a cubrir por sedimentos finos en poucos anos, como xa pasou coa experiencia dos aportes de area de 1994. Será un gasto inútil de recursos públicos. A praia de Sada tende a acumular limos, xa que a circulación de correntes está moi impedida polo espigón do porto deportivo xunto cos propios aportes do río Maior.
En relación ao anterior resulta chocante que Demarcación de Costas de Galicia, nunha contestación ao concello de Sada no EsIA, recoñeza que este aporte posiblemente acabará recuberto de limos e polo tanto en teoría menos “agradable” para o baño en poucos anos.
No proxecto en ningún momento se fala de solucionar os graves problemas de contaminación da zona, sobre todo polos aportes do río Maior. Lembremos que neste río verte a depuradora do polígono industrial de Bergondo e tamén do Espiritu Santo-Sada. As augas da praia non teñen boa calidade para o baño e o proxecto non atalla o problema."
A ría de Muros e Noia está no grupo das Rías Baixas, é a que está situada máis ao norte, entre a ría de Corcubión ao norte e a de Arousa ao sur. Esta ría creouse na desembocadura do río Tambre. As augas deste río Tambre son as que se xuntan coas augas procedentes do Océano Atlántico, esto dá lugar a un hábitat no que conflúen as augas doces do río coas salgadas do mar, formando un hábitat adecuado para o cría dos bivalvos, estes dan lugar a actividade económica máis importante das vilas que existen na súa costa. As ameixas e os berberechos acadan bos tamaños a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, A ría comeza na punta do Castro de Baroña en Porto do Son, cara ao sur, a parte norte comeza na punta Carreiro en Louro (Muros) e chega ata Noia e a desembocadura do río Tambre. As vilas maís importantes da ría son: Muros, vila mariñeira, agochada detrás do monte Louro, fundada aló polos séculos XVI e XVII. Noia, vila medieval. Outras vilas importantes son Porto do Son, e Portosín.
Santalla de Bóveda é un edificio de época tardo romana, tamén relacionado coa época visigoda, situado a 14 Km da cidade de Lugo, é de planta rectangular, cunha pequena piscina no centro, a bóveda de canón está decorada con frescos de moita importancia. No exterior, sitúase un pequeno atrio con dúas columnas e un arco de ferradura.
Este edificio ten un carácter único no occidente europeo, o que levou a varias interpretacións sobre a súa finalidade orixinal, as que se propoñen son: lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano, ou a Cibeles. Máis tarde foi cristianizado. Os estudos do edificio indican que estivo adicado á deusa Cibeles, nome latino dunha deusa nativa de Frigia, en Asia Menor, e coñecida polos gregos como Rhea. Esta era a deusa da natureza e da fertilidad, venerada en Roma como a Gran Nai dos Deuses.
Os edificios do imperio, onde se veneraba á deusa Cibeles, tiñan unha arquitectura específica para adaptarse á realización dos seus ritos e en especial ó do bautismo ou taurobolium, que xustifica a existencia da piscina.
O claustro está situado ao lado sur da Catedral, entre as prazas de Obradoiro e Platerias. Observado dende a praza do Obradoiro sitúase á dereita da fachada, contrastando coa verticalidade das torres. Hoxe alberga o Arquivo Catedralicio a Sala Capitular e a Biblioteca. Foi construído en época de Alonso de Fonseca, entre 1521 e 1614, no deseño participaron varios autores. Susbtitue a un claustro anterior do século XIII. É a superposición de distintos estilos, gótico-renacentista, plateresco, barroco. Coróase cunha balaustrada calada con pináculos. Como é habitual nos antigos claustros existen sepulturas de personaxes relacionados coa catedral. Nun ángulo do claustro atópanse as campás orixinais da torre Berenguela.
Dende o Obradoiro poden recoñecerse a Galería da Balconada, de Jácome Fernández en 1614, tamén a torre da Vela e a fachada do Tesouro, que pecha un dos laterales da praza. Na praza de platerias pode verse un lenzo con medallóns renacentistas e a outra torre deste claustro coñecida como torre do Tesouro, de posible influencia Colombina.
No centro do claustro atópase a Fonte das Marabillas, fonte románica que é citada no propio Códice Calixtino e que estivo situada na praza da acibechería, entrada norte do templo, tamén chamada Porta do Paraíso. No códice dise que ata 15 peregrinos podían lavarse nela antes de entrar na Catedral de Santiago
O Museo do Mar de Galicia, situado na antiga poboación de Bouzas, Vigo, ten un conxunto de fondos relacionados co mar, moi completo, en exposición permanente, ofrece, tamén, importantes exposicións temporais relacionadas co mundo do mar e a pesca.
Pódese coñecer a historia da actividade pesqueira de Vigo: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.
O aprobeitamento da vella fábrica de Conservas de Alcabre, tamén matadeiro, foi diseñada polo arquitecto italiano Aldo Rossi, á morte deste foi o galego César Portela quen terminou a obra.
O Imperio romano, a comezos do século IV, primeiro tolera e despois oficializa o cristianismo, isto foi o recoñecemento dunha situación de facto: o imparable avance desta relixión ao longo e ancho deste Imperio. A implantación do culto cristián e das súas estruturas xurídicas, administrativas e materiais que os sustentan, dáse a ritmos e tempos diferentes, como non podía ser menos, nun territorio tan vasto coma o do Imperio Romano. Dado que é unha superestrutura ideolóxica, nacida no seo dun imperio centralizado e xuridicamente organizado, a súa tendencia é a uniformización e homoxeneización de usos e costumes dentro dunha estrita xerarquía organizativa e funcional. No territorio da Gallaecia tamén se dá unha progresiva implantación do Cristianismo. Iste proceso podemos observalo a través dos textos xerados pola administración eclesiástica e das evidencias materiais ligadas á Liturxia, o culto e o mundo funerario.
Na época sueva, o Cristianismo, aínda estando presente, non se materializa de forma homoxénea e uniforme sobre o noroeste peninsular, dado que cando chegan os suevos, a comezos do século V, áchanse nos momentos iniciais da súa implantación e desenvolvemento. O proceso de implantación do cristianismo tamén se atopa cunha forte presenza e arraigamento dunha diversidade de cultos e prácticas moi ligadas aínda ao mundo relixioso romano e prerromano, como se mostra na cristianización de múltiples lugares de cultos pré cistianos.