Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Lugo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lugo. Amosar todas as publicacións

25/03/19

Hospital do Incio, Lugo


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí



A igrexa de San Pedro Félix no Hospital do Incio é unha edificación románica singular de Galiza. Os seus construtores non utilizaron granito, como era habitual, senón mármore, o que lle da un efecto característico. 

As canteiras de mármore próximas ao Incio, que abastecían este material á cidade romana de Lugo, facilitaron  esta particularidade arquitectónica medieval. É a única igrexa construída integramente con este material. 

É recomendable a visión pola tarde, cando lle dá o sol e ilumina o seu fronte  contra a vexetación do fondo.  

A pesar da denominación de "hospital", este lugar non estaba nas rutas habituais do Camiño de Santiago. A data de construción é de finais do XII.

18/01/19

Pozo da Ferida, Xove, Lugo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

 Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O Pozo da Ferida fórmao unha fervenza natural de máis de 30 metros ao caer, está situado no canle do río Xudreiro, afluente do rio Landro.

Serra do Buio, pequena serra situada ao sueste de Viveiro. As súas maiores altitudes apenas exceden os 600 m. Nas ladeiras destes montes nace o río Loureiro ou Xudreiro, afluente do Landro, que forma ría de Viveiro.

Á metade do seu percorrido, entre Viveiro e Xove, e na cota dos 280 m de altitude, o leito do río estreitase e, debido ao forte desnivel, orixina esta fervenza que forma un pozo circular, coñecido como o Pozo dá Ferida.

Neste río Xudreiro, a pouca distancia da fervenza, atópase unha pequena presa de grande beleza, que era a que fornecía a auga a unha minicentral hidroeléctrica que se atopa preto do pozo, hoxe abandonada.

O nome, e a cor escura das augas da poza, segundo din, está motivado por que nese pozo caeu de xeonllos unha vella xigante cun feixe moi grande, que se levaba ao lombo, de mulime e xa nunca máis se puido levantar.




27/04/18

Santalla de Bóveda, Lugo



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Santalla de Bóveda é un edificio de época tardo romana, tamén relacionado coa época visigoda, situado a 14 Km da cidade de Lugo, é de planta rectangular, cunha pequena piscina no centro, a bóveda de canón está decorada con frescos de moita importancia.

 No exterior, sitúase un pequeno atrio con dúas columnas e un arco de ferradura.

Este edificio ten un carácter único no occidente europeo, o que levou a varias interpretacións sobre a súa finalidade orixinal, as que se propoñen son: lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano, ou a Cibeles. Máis tarde foi cristianizado. 


Os estudos do edificio indican que estivo adicado á deusa Cibeles, nome latino dunha deusa nativa de Frigia, en Asia Menor, e coñecida polos gregos como Rhea. Esta era a deusa da natureza e da fertilidad, venerada en Roma como a Gran Nai dos Deuses. 

Os edificios do imperio, onde se veneraba á deusa Cibeles, tiñan unha arquitectura específica para adaptarse á realización dos seus ritos e en especial ó do bautismo ou taurobolium, que xustifica a existencia da piscina. 

12/05/17

Igrexa abacial de Meira, Lugo



A igrexa abacial de Santa María de Meira, Lugo, formaba parte do Mosteiro de Santa María de Meira, Lugo, foi un cenobio fundado polos condes de Sarria na quinta década do século XII nun territorio virxe, como era preceptivo, preto das fontes do Miño.


A igrexa é un templo románico sobrio e de gran monumentalidade. Posúe trazas cistercienses, como se pode ver nas bóvedas da nave central, de medio canón, apuntado ás laterais, con bóveda de aresta.

Dende o exterior o seu aspecto é de horizontalidade, algo que adoita ser común nas igrexas cistercienses, debido á gran lonxitude do corpo da igrexa e en ocasións a que os muros adoitan estar algo cravados ou refundidos respecto ao chan circundante. 


No interior a sensación é de verticalidade, aínda que menor que nas igrexas románicas de peregrinación como a de  Compostela ou as catedrais góticas.

No exterior e na fachada occidental destacan os estribos aliñados aos soportes das naves. Cara ao oeste sitúase un gran rosetón e unha porta de arquivoltas de medio punto, un tímpano sen esculpir e tres parellas de columnas con detalles vexetais moi elaborados. Na cara este sitúanse os asides, parcialmente cubertos, nos que destacan uns canzorros e os decorados das ventás.

Do resto de dependencias monásticas orixinais consérvanse restos como algún muro do que fose claustro renacentista e que hoxe é sé do concello ou unha fonte, situada no patio interior.


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

01/07/16

Arde Lucus



Paulo Fabio Máximo fundou, en nome do Emperador de Roma, a cidade de Lucus Augusti, catorce anos antes de nosa era, nun lugar alto e próximo ao río Miño. Lucus foi a capital do Convento Xurídico Lucense, situado ao noroeste da gran Gallaecia, que se estendía polo sur ata o río Douro. 

Esta zona do territorio tiña moita importancia para o imperio dada a cantidade de minas de ouro existentes na Gallaecia e Lucus Augusti chegaría a ser unha importante cidade provincial.

Tres séculos despois e ante a situación político e militar, levantáronse novas defensas: unha muralla de máis de dous quilómetros de perímetro, coroada por 85 poderosas torres. 

Ao caer o Imperio, a Gallaecia romana foi a base territorial da monarquía sueva, o primeiro reino que se organizou sobre as ruínas imperiais europeas. 


O paso dos romanos por Lugo deixou un importante patrimonio histórico, arquitectónico, e sobre todo lingüístico.

O contínuum lingüístico do latín, dende Roma ata á Gallaecia, deixou a semente para que as linguas do noso entorno evolucionasen e se consolidasen. 

A distancia xeográfica e temporal, sumada aos pousos lingüísticos autóctonos preexistentes e ás influencias posteriores, deron como resultado as variedades modernas: italiano, francés, catalán, castelán, portugués, galego…

O Arde Lucus, é unha festa que recrea a época dos romanos e dos castrexos, Botei en falta unha maior presencia da sociedade castrexa e autóctona, que tamén había, e tamén unha maior presencia do galego, actividades como o bautizo celta ou unha voda romana, teatro de rúa e outras moitas actividades estiveron feitas en español, o pobo que esquece a súa historia cústalle moito levantar a cabeza e sacudir os antefaces para poder ver os seus intereses e o seu futuro. 

   
SE QUERES VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ

28/05/16

Lugo, un espazo vital de Manuel María



Lugo, un espazo vital, de versos e amores
duradeiros, espazos do poeta Manuel María.



Vivín en Lugo algúns anos,
conseguín ser bachiller
e gastei a adolescencia
en troulear e escreber.



En Lugo atopei, pra sempre,
o meu amor, que é Saleta:
¡comigo a vida non puido
ser máis xentil e perfecta!