Translate

20/11/16

Mercado da Boqueria






 O Mercado da Boqueira (Mercat San Josep), (Ramblas de Barcelona) parece ter a súa orixe nos postos ambulantes de carne que se estableceron dende o SXIII nesta zona, situación comercial que aínda hoxe persiste, en gran medida.

Respecto do nome  da Boqueira, a versión máis fiable relaciono cos postos de carne de cabrito(boc, en catalán) que vendía a comunidade xudía xa no S.XIII.
 

O mercado da Boqueira é o primeiro dos mercados municipais de Barcelona, foi inaugurado en 1840, está situado  nos terreos ocupados ata entón polo convento de Sant Josep. 
 
Co tempo o mercado da Boqueria de Barcelona transformouse nun mercado moderno. Incorporou a iluminación de gas en 1914, tamén neste ano finalizouse a cuberta metálica que lle outorga singularidade ao espazo. 

Actualmente é o mercado de alimentación máis antigo e completo de Barcelona, ofrece todo tipo de produtos, verdura, carne, peixe e miles de produtos máis cunha particular forma de presentación en postos cheos de encanto, e nun entorno de gran valor arquitectónico. 








 

 Se queres ver as fotos pincha


12/11/16

Mata Nacional de Busaço



A Mata Nacional de Busaço é un parque natural que está situado na serra do mesmo nome, parroquia de Luso, rexión do centro de Portugal. Ten a súa orixe no Século VI, da man dunha comunidade de monxes Beneditinos.

No Século XVII pasa aos Carmelitas descalzos, estes constrúen o mosteiro en 1628. Tamén levantaron un muro ao seu redor  de case 6Km. e continuaron coa plantación de especies forestais exóticas, provenientes das colonias portuguesas.

Hoxe podemos contemplar máis de 700 especies, moitas delas propias de lugares moi afastados, e reunidas nun mesmo espazo.

Co apoio do Papa, estes monxes conseguen unha bula que prohibía a tala de árbores, un dos motivos polo que se conserva este conxunto arbóreo.

Os monxes, tamén, conseguiron outra bula do Papa que  prohibía a entrada ao recinto das mulleres, cando a Raíña Catalina quixo visitar este recinto tiveron que abrir unha nova porta na muralla para sortear a prohibición é por isto que unha das portas chámase á da Raíña.

Entre os espazos de moito interese destacan: o paseo de fetos(fentos) xigantes, varias fontes como a Fonte Fría onde habitan varias especies de anátidos no seu estanque e que está unida a unha escalinata moi espectacular. Destaca, tamén, na cima do parque un pazo do S XIX de estilo neomanuelino e un mosteiro. 

O parque está atravesado por múltiples sendeiros en algúns deles están situadas unhas pequenas ermidas que constitúen un viacrucis. En lugares afastados atópanse pequenos cenobios onde os monxes vivían en soidade. 

 

 Se queres ver as fotos pincha

06/11/16

Viaxe ao centro de Portugal






Viaxe ao centro de Portugal. Esta viaxe, moi ben guiada por Samuel Rodríguez, foi todo un redescubrimento dunha parte de Portugal que tiña un pouco desdebuxada no tempo. 

A Mata de Busaço, parque natural, enclave histórico, con varios centros de intereses: arquitectónico, natural (con variada fauna e flora) especialmente o val dos Fetos. No centro do parque sitúase un hotel de estilo Manuelino e un convento.

Durmimos en Leiria á beira do Castelo que preside esta poboación.

Ao día seguinte tocou visitar o mosteiro de de Batalha, mostra do Gótico Manuelino Portugues, labrado en pedra calcaria e con profusión de decoración moi elaborada.

A Gruta da Moeda mostrounos algúns dos segredos agochados no interior desta terra.

Un paseo polo paraxe da comarca móstranos un parque sensorial, que lle permite ás persoas con dificultades visuais gozar das sensacións táctiles. E tamén da contemplación de muíños de época, asi como da paisaxe da contorna. 

A cidade de Óvidos gardada pola súa muralla á que lle chegaba a auga por un acueduto, que aínda se atopa en bon estado, acóllenos entre lusco e fusco e invítanos a unha ginginha.

Ao día seguinte visitamos a tomba de Dona Ines de Castro situada no mosteiro de Alcobaça.

Máis tarde acercámonos a cidade de Tomar onde está situado o Convento do Santo Cristo, onde os estilos arquitectónicos románico e gótico dialogan en tempos e formas ben distintos.

Rematamos en Coimbra, cidade universitaria onde o río Mondego sobe de ton cando as augas baixan farturentas.       
 


Para ver as fotos pincha

28/10/16

Escultura Románica no MNAC




A posición xeográfica de Cataluña e os acontecementos históricos dos séculos IX e X favoreceron a existencia de elementos artísticos de gran riqueza e variedade pois ás tradicións locais de orixe romana e visigodo súmanse as achegas islámicas, mozárabes, carolinxias, lombardas e bizantinas.

Durante o século XI a arte románico foi o resultado da transformación dos elementos precedentes: por unha banda, unha arte funcional resultado dos contactos co norte de Italia, como se ve en edificios de planta basilical con cuberta de madeira e altos campanarios de varios pisos.

Estas influencias tamén se ven na ourivería, escultura en pedra e en madeira, onde destacan os descendementos e as maxestades.
 

Na escultura de pedra destacan algunhas pezas de Ripoll e un amplo grupo de obras de conxuntos da cidade de Barcelona, como os capiteis de mármore do antigo hospital de San Nicolás. A colección complétase cunha importante mostra de esmaltes, maioritariamente producidos en Limoges, como o Copón da Cerdanya ou o Báculo de Mondoñedo. 



Se queres ver as fotos pincha

23/10/16

Pintura Románica Catalana do MNAC





As manifestacións de arte Románico teñen que ver cun contexto histórico europeo, marcado por unhas condicións favorables que se foron producindo desde mediados do século x e a súa recuperación económica devido ás melloras das técnicas agrícolas, aumento demográfico, revitalización do comercio e melloras nas comunicacións.

O término románico foi adoptado no século XIX para designar unha serie de manifestacións artísticas que se consideraban debedoras da arte romana da antigüidade aínda que se desenvolveron en plena idade media, fundamentalmente durante os séculos XI e XII, aínda que presentan unha gran variedade de tendencias.


A pintura románica continua a tradición romana e bizantina: conserva o carácter simbólico e opta por un antinaturalismo que representa a realidade de xeito esquemática e abstracta pois tenta expresar ideas e non narrar feitos. A característica definidora é a ausencia de perspectiva e o colorismo de cores puras, sen mesturas, con fortes contrastes cromáticos.

A mostras máis significativas atopámolas na pintura mural, na pintura sobre táboa e na miniatura.

A Maior parte destas pinturas do MNAC proceden das igrexas románicas dos vales de Boí e Aran en  Lleida.



Se queres ver as fotos pincha

15/10/16

Passeig de Gràcia 2



O Paseo de Gracia é unha mostra da corrente modernista imperante a finais do SXIX e primeiros do SXX, este estilo pode verse en  edificios de Gaudí, Domenech i Montaner, Puig i Cadafalch, Josep Vilaseca i Casanovas e outros moitos arquitectos da época.

O paso de Graza está situado no barrio de l´Eixampla, ampliación do Varrín Gótic, cando a cidade catalá empezou a ser demasiada pequena. É un barrio ordenado por cuadrículas, rúas amplas e rectas.
 

Neste paseo as familias máis ricas de Barcelona encargaron aos arquitectos de moda desa época a construción de casas, cada unha máis singular, por isto  chámase a  mazá da discordia, xa que os seus donos pelexaban e competían para ter a casa máis bela e moderna.

A casa da familia Battló, que se pódese visitar, é unha das obras máis famosas de Gaudí. Agora pertence a unha organización privada.





Se queres ver as fotos pincha 

09/10/16

Passeig de Gràcia 1



E unha das avenidas máis importantes de Barcelona, o Paseo de Gracia, Passeig de Gràcia en catalán. Ata 1827 foi un camiño, o Camiño de Jesús, que unía a cidade de Barcelona coa veciña poboación de Gracia. A Barcelona de principios do XIX vivía amoreada dentro das murallas, isto dou lugar ao nacemento de pobos ao seu redor: Graza, Sant Gervasi, Sants.

En 1854, comenzou
o derribo das murallas, e a construción do Ensanche barcelonés, cinco anos despois, seguindo o proxecto de Ildefonso Cerdá, o Paseo de Graza, que unía a cidade coa vila de Gracia, adquiriu unha gran relevancia. 

Inicialmente construíronse, neste paseo, vivendas unifamiliares con xardín, emprazáronse cafés, teatros, restaurantes, salóns de baile. Esta avenida converteuse na zona de recreo preferida pola burguesía.

Máis adiante, e trala Exposición Universal de 1888 celebrada en Barcelona, estas casas foron substituídas por edificios de catro pisos con talleres nos seus baixos. A burguesía empezou a instalarse neste paseo, competindo na contratación dos arquitectos máis famosos aos que se encomendaba a construción ou remodelación dos edificios. 


Un dos edificios máis emblemáticos desta época é A Pedrera, deseñada por  Gaudí, hoxe pertence á fundación Caixa Catalunya. 




Para ver as fotos pincha



01/10/16

Os correfocs, Catalunya



O correfoc é un acto celebrado maioritariamente en Catalunya, neste caso nas festas maiores do barri de Gracia, pero tamén se estendeu polo País Valenciano, Illas Baleares e Catalunya Norte. Ten as súas raíces no Ball de diables xa documentado no século XII, pero non foi ata o XX que tomou a súa forma actual.

Os integrantes das collas van vestidos con roupas
de algodón, pel ou teas ignífugas. Durante a década dos 70 e 80 estes eran simples sacos de patacas pintados cuns cornos no alto.

Hai dous tipos de correfocs característicos, a opción de usar un ou outro depende da colla, do tipo de correfoc e do tipo de percorrido. Non hai ningún tipo de tradición de usar un ou outro:

Correfoc con carro: Toda a pirotecnia está depositada dentro un carro, esta ponse dentro un zurrón denominado saca, de aquí o nome que recibe quen a porta, o saquer reparte a pirotecnia a medida que vai avanzando o correfoc. Os diaños ou dragóns acenden as carretilles co botafoc ou mecha.

Correfoc con saca individual: Toda a pirotecnia está depositada en pequenas sacas, cunha cabida de 30 a 80 carretilles. Cada un dos diaños acéndese el mesmo a pirotecnia, mentres que nas colles de bestiari, é un ou dous integrantes os que acenden as figuras.

Para ver fotos pincha