Cidade Encantada, situada
na localidade de Valdecabras (Cuenca), en pleno corazón do
Parque Natural da Serranía de Cuenca e rodeada de inmensos piñeirais, a
Cidade Encanta é unha paisaxe moi espectacular, onde se mostra o proceso xeolóxico do Carso (karst) e as súas estrañas formacións. Por iso, a Cidade Encantada foi
declarada Parque Natural o 11 de xuño de 1929.
A súa orixe remóntase a fai 90 millóns de anos, cando a Cidade Encantada formaba parte do fondo do mar de Thetis. Tratábase de augas tranquilas, o que propiciou a deposición de sales, en especial carbonato cálcico. Ao final do Cretáceo e como consecuencia da oroxénese alpina, o mar retirouse e o leito mariño, composto de pedra calcaria, emerxeu á superficie. Miles de anos de acción da auga, do vento e do xeo foron orixinando estas formas xeolóxicas con aparencias máxicas. |
Translate
Amosando publicacións coa etiqueta Cidade Encantada b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cidade Encantada b>. Amosar todas as publicacións
31/12/15
Cidade Encantada, Cuenca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)