Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Batáns de Mosquetín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Batáns de Mosquetín. Amosar todas as publicacións

31/07/15

Os  Batáns e Muíños do Mosquetin, están situados no Concello de Vimianzo, no lugar de Salto, pouco despois de Baio, carreteira de Fisterra.
Ocupan dous edificios que albergan sete muíños e tres batáns, este conxunto está dotado dun sistema de canles que conducen a auga do Río Grande ate as distintas dependencias, estas forman un conxunto etnográfico de grande interese e nun estado de excelente conservación. 
Os muíños teñen a función de converter o grao en fariña, hai dous tipos, de trigo, e de millo. Os batáns utilizábanse para compactar o liño e a la.