Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Alacant. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alacant. Amosar todas as publicacións

04/07/22

Castelo de Biar, Alacant







O castelo de Biar, é un castelo do século XII, situado nun outeiro que domina a localidade de Biar, na comarca do Alto Vinalopó, provincia de Alacant. 

É un dos grandes atractivos do concello de Biar e está catalogado como Ben de Interese Cultural e declarado Monumento Histórico-Artístico pertencente ao Tesouro Artístico Nacional. 

Atópase en bo estado de conservación. e Inclúese na chamada Ruta dos Castelos do Vinalopó. 







05/06/22

Altea, Alacant


 

Altea é unha poboación e un concello valenciano da comarca da Marina Baixa, na costa da provincia de Alacant.

Está asentada nunha baía, que cerran a Punta de Albir e o Morro Toix, protexida pola serra de Bèrnia. Ofrece un casco antigo aínda ben conservado que foi refuxio de artistas e intelectuais. 

As primeiras noticias de poboamento na zona veñen dadas polos depósitos arqueolóxicos da cultura ibera e dos romanos que se acharon no termo, así como dos restos dun acueduto romano denominado “Els Arcs” (Os Arcos). 

Durante a época musulmá a poboación medrou nos arredores do Río de Algar (ou da Salut), nos que se formaron as "alcarías" (casais) de Albalat, Beniasquer e Benimussa, pertenceu á taifa de Dénia. 












01/01/22

Faro de Santa Pola, Alacant

 


 O Faro de Santa Pola está construído sobre a antiga atalaia de Atalaola, a súa poderosa luz guía os barcos desde 1858. Está situado no extremo oriental do cabo de Santa Pola.  

Ten forma circular, está nun atolon de coral fósil de 5 km de diámetro formado hai 6 millóns de anos.  

Á beira do faro instalouse unha pasarela flotante como miradoiro que se acerca a o bordo do cantil.  

Desde este miradoiro poden contemplarse:  A baía de Santa Pola, Alacante a illa de Tabarca, entre outros lugares de interese.  

Nos días despexados, pódese ver o Cabo de Cervera e a Illa Grosa.  Mesmo o leste está o Peñón de Ifach.