Translate
Amosando publicacións coa etiqueta Aguiño b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aguiño b>. Amosar todas as publicacións
14/09/19
Aldea de Sálvora 2, Aguiño, A Coruña
Para ver as fotos pincha aquí
Nas casas da aldea de Sálvora, ademais da arquitectura popular das casas, tamén, podemos ver parte do seu interior o que resulta unha mostra etnográfica e histórica.
Camas, cadeiras, botellas de viño valeiras, viño quinado e anís, tamén, lareiras, fregadeiros e frasqueiras de granito.
Unha das casas chamáronlle "fábrica da luz", que ainda garda os enferruxados xeradores de enerxía eléctrica nos que aínda se len as letras en relevo dos seus fabricantes: HMP Riveira e a vasca Onena,
Nun pendello lindeiro o óxido corroe o chasis dun vello tractor, recentemente pintado para aparecer na película " O Santa Isabel", que trata sobre o naufraxio deste barco preto da illa e que mulleres valentes da aldea axudaron a salvar moitas vidas.
06/09/19
Aldea de Sálvora 1, Aguiño, A Coruña
Para ver as fotos pincha aquí
Desde o mar e no medio da vexetación, vense as casas de pedra da Aldea de Sálvora.
A comezos da década dos setenta abandonaron a illa os últimos moradores, neste enclave chegaron a vivir 25 familias. A terra labrada volveu ser erma, e as vivendas quedaron sepultadas en vexetación e esquecemento.
A pequena casa da escola é das poucas que están conservadas na aldea.
A incorporación de Sálvora ao parque nacional das Illas Atlánticas permitiu redescubrir a aldea.
A limpeza da zona devolveu a aldea ao tempo presente. A súa disposición en U permitiu mitigar os ventos do norte.
Coa limpeza do camiño que conduce desde a antiga salgadura ao asentamento puxo de manifesto os muros que o delimitaban e, tamén, un lavadoiro no que se habitaban anfibios.
23/08/19
Illa de Sálvora, Aguiño
Se queres ver as fotos pincha aquí
Esta illa está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á Aguiño (concello de Ribeira), xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado, xunto coas Cíes, Ons e Cortegada, no Parque nacional das Illas Atlánticas, constituído no ano 2002.
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, ate o 1972.
Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, unha aldea, oito hórreos, un lavadoiro, a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea.
É moi notorio a presenza de Gaivotas, sempre pendentes das crías no tempo de reprodución, de primavera a verán, e dispostas a pasar a acción se ven ameazada a vida da descendencia.
A erosión deseñou estrañas figuras de pedra, nos penedos situados ao longo dos camiños marcados, aos que merece a pena botarlle imaxinación para percibir as figuras e levarse unha unha impresión persoal.
29/07/13
Embarcacións en Aguiño
Aguiño é unha poboación dedicada á pesca e ao marisqueo, situada onde o Barbanza se mete no mar. A estrada que nos leva a ela sae da rotonda situada ao final da autovía do Barbanza(G11). Nada mais chegar impresiónanos a retina unha imaxe do porto, á esquerda, e outra do pobo, situado á dereita.
O porto está aberto; aos mariñeiros, faltaría mais, e tamén a todas as persoas que gustamos de ver e achegarnos aos peiraos, de ver os distintos tipos de barcos e botes, de valorar o traballo de mariñeiras e mariñeiros facendo as súas labores.
Os nomes das embarcacións, moi habitualmente de muller, fálanos das relacións e dos afectos que se establecen entre o mundo do traballo no mar e os acougos íntimos, persoais.
Estas sensacións de comunidade co mundo mariñeiro producen un grande pracer. Achegarnos a estas vivencias lévanos a valorar a enorme diversidade do pais.
O porto está aberto; aos mariñeiros, faltaría mais, e tamén a todas as persoas que gustamos de ver e achegarnos aos peiraos, de ver os distintos tipos de barcos e botes, de valorar o traballo de mariñeiras e mariñeiros facendo as súas labores.
Os nomes das embarcacións, moi habitualmente de muller, fálanos das relacións e dos afectos que se establecen entre o mundo do traballo no mar e os acougos íntimos, persoais.
Estas sensacións de comunidade co mundo mariñeiro producen un grande pracer. Achegarnos a estas vivencias lévanos a valorar a enorme diversidade do pais.
20/07/13
Fenicios en Aguiño, moitos din que pasaron por aquí
Cerca da lonxa de Aguiño, un indicador anuncia a presencia dun porto Fenicio. Chegados ao lugar, recomendable ir a pé pola veira do mar, vemos que unhas ringleiras de pedras enormes foron colocadas a modo de peirao. Fontes históricas aseguran que os fenicios comerciaron por estas zonas moito antes da chegada dos romanos,tamén nos din que o medio de transporte era o barco, logo pode ser que algunha das pedras fora posta por algún ou algunha fenicia. De todas maneiras ben está facer un exercicio de imaxinación e pensar que levamos moito tempo comunicándonos co resto do mundo.
13/07/13
Percebes, tamén, os de Aguiño
Aguiño é unha poboación situada ao final da Serra do Barbanza, onde esta se deita no mar. Está rodeada de pequenos cantís, grandes extensións de rochas, illotes que saen do fondo do mar. A punta da Serra, metida no Océano Atlántico, é continuamente batida polas fortes olas e ,tamén, varrida polas correntes da zona. Estas condicións fan posible que os percebes sexan de excelente calidade.
A entrada na lonxa e a visión das persoas limpando e escollendo o percebe, trae á imaxinación sutís e fondos sabores a mar.
A entrada na lonxa e a visión das persoas limpando e escollendo o percebe, trae á imaxinación sutís e fondos sabores a mar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


