Translate

28/11/21

Faro. e forte de Punta Galea, Bizkaia



O faro de Punta Galea é un faro situado en Punta Galea, entre Guecho e Sopela, na provincia de Bizkaia, País Vasco.  Está xestionado pola autoridade portuaria do Porto de Bilbo.

O faro está situado á entrada da ría de Bilbo.  De 1850 a 1950 construíronse tres faros na propia Punta Galea.  O primeiro en 1850 nas ruínas do antigo castro, o segundo en 1905 e que foi electrificado en 1933 e o actual en 1950 tras detectar movementos e desprendementos no faro anterior.  

Este último foi construído 180 metros por detrás do anterior. 







20/11/21

Gares, (Puente la Reina), Nafarroa



Gares, (Puente la Reina), Nafarroa, é un municipio situado na comarca de Puente la Reina, no val de Valdizarbe e a 24 km da capital da comunidade, Pamplona. 

Esta vila é un punto importante no Camiño de Santiago ao xuntarse nela os dous camiños que veñen desde Francia.

Segundo a tradición o nome de Puente la Reina provén da ponte románica sobre o río Arga, que foi mandada construír no século XI por unha anónima raíña de Navarra. 

Existen varios xacementos arqueolóxicos en Puente la Reina que fan pensar nunha tempérana ocupación humana do territorio de Valdizarbe. Moi preto, en Mendigorria, están as ruínas de Andelos, vila romana.












12/11/21

Iruñeko Udal Plaza, (Plaza Consistorial), Pamplona



Iruñeko Udal Plaza, (Plaza Consistorial), é unha praza que está situada no corazón da Zona Vella de Pamplona. Como o seu nome indica, nela atópase a Casa do Concello da cidade. Ademais, na praza únense as rúas Santo Domingo e Mercaderes.

A praza é coñecida internacionalmente polos Sanfermines. A praza é escenario do inicio das festas o día 6 de xullo ao mediodía co txupinazo e tamén do final das mesmas co "Pobre de mí", canción que despide as festas o 14 de xullo ás 12 da noite. 

Ademais, os encerros que se celebran cada mañá polas rúas da cidade pasan pola praza.









05/11/21

Café Iruña, Pamplona

Na praza do Castelo, lugar de encontro das persoas de Pamplona, está o Café Iruña, un café, bar e restaurante que ten a honra de ser un dos máis antigos de Pamplona e probablemente o máis fermoso de todos.  

 Fui inaugurado en 1888 e conserva a súa decoración orixinal, nun estilo  modernista e romántico, símbolo da época.

Neste café ocupou mesa Ernest Hemingway, o escritor e premio Nobel, cando chegou, varias veces, ás festas de San Fermín.  

Na súa memoria hai unha habitación elegante, "El Rincón de Hemingway" coa estatua a tamaño real do escritor.