Foi declarado Parque natural en 1988 e Reserva da biosfera no 2000.
Os bosques ocupan case a cuarta parte da extensión do parque. Tamén conta con amplas zonas de pastos. As matogueiras son a terceira variedade vexetativa do parque. A fisionomía glaciar deu lugar a lagos, lagoas e turbeiras, aquí podemos atopar o apio rastreiro, entre outras especies.
Habitan moitos mamíferos no parque. O oso pardo é o de mais sona.
Habitan, tamén, arredor de cento vinte especies de aves: A mais destacada é a aguia real.
As camiñatas, polas distintas rotas, transcorren entre altos e sobrecolledores penedos, amplos vales verdes, neveiros no alto dos picos que dan ao norte, ríos e regatos de augas limpas e frescas, para moitas persoas moi frías, carreiros pedregosos a través de morenas, brañas húmidas, vacas sorprendidas, cos seus cuchiños, camiños cheos de lama, floriñas de cores moi variadas. Un ten a sensación de liberdade camiñando por estes espazos abertos, lonxe do fume e das présas . Unha "sidrina" ao final do percorrido, permite recuperar forzas e ánimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario