O poeta Díaz Castro,homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2014, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.
Translate
16/05/14
Letras Galegas 2014
O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o
galego. Por isto, non podemos tolerar que no noso país, hoxe, o
español, coa axuda do inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o
Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a
lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e
non precisa permiso das outras, impostas e alleas, para se mover
libremente polas diversas estancias.
O poeta Díaz Castro,homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2014, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.
O poeta Díaz Castro,homenaxeado neste Día das Letras Galegas 2014, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario