É de destacar que nas portas de entrada, o acceso á croa era por medio de escadas, o que impediría a posibilidade de que os carros accedesen a ela.
Translate
10/04/14
Castro de San Cibrao de Lás, Croa
Na croa comezáronse traballos de escavación sistemática no ano 1922
por parte de Cuevillas. Nestes traballos descubríronse, próxima á porta,
unha construción de planta case cadrada feita con cachotería e
pavimentado interiormente tamén con cachotería. Ao carón da muralla, á
dereita da porta, pódese ver unha inscrición sobre o penedo co texto IOVI (dedicado a Xúpiter).
Tempo máis tarde, Xaquín Lorenzo destapou varias construcións con
plantas de diversas tipoloxías pero, en contraste coa ordenación da
antecroa, todas elas illadas entre si.
É de destacar que nas portas de entrada, o acceso á croa era por medio de escadas, o que impediría a posibilidade de que os carros accedesen a ela.
É de destacar que nas portas de entrada, o acceso á croa era por medio de escadas, o que impediría a posibilidade de que os carros accedesen a ela.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario