Laxe é unha vila situada na entrada sur da ría "Corme e Laxe", en plena Costa da Morte. Pertence a comarca de Bergantiños. Na punta Insua, cerca da vila, sitúase o Faro de Laxe, de torre simple, que avisa aos navegantes das rochas situadas na zona e, tamén, da entrada sur da ría. Dende este enclave podemos ver, ademais do ancho mar, a costa situada ao norte, o Faro do Roncudo, a vila de Corme, algunhas das praias situadas ao fondo da entrada do mar, entre outras paisaxes. Cara ao sur podemos contemplar paraxes como os Penedos de Traba ou albiscar o cabo Vilán.
Tamén merece unha visitaa igrexa de Santiago de Trabade Laxe, situada perto da lagoa do mesmo nome, a poucos quilómetros ao sur da vila. Recomendo o libro, "Os Faros da Costa da Morte", de: Xosé Mª Lema Suárez e Manuel Vilar Álvarez.publicado por NERIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario