O
día 28 do mes de Outubro un grupo de persoas, coordinadas por Samuel
Rodríguez, da AA.VV. da Agra do Orzan desprazámonos aos montes situados
ao leste de Fonsagrada, lindando con Asturias.
A maior parte do percorrido transcorreu pola cima das serras o que nos
permitiu contemplar as amplas paisaxes das montañas Luguesas.
O ultimo tramo, xa chegando a vila de Fonsagrada, fixémolo por unha
antiga corredoira moi empinada, cuberta de vexetación autóctona,
semellaba que iamos en outro tempo pasado.
Poema de Uxío Novoneira
Ficando na anta
- a fiestra aberta á alba vía
voar as anduriñas.
Levein os ollos prá serra
i esquecinme da alba de min e delas
que anque iban e viñan
i anque oía non oía …
saber mais
As persoas interesadas podedes premer na frecha para ver mais fotos e rememorar aquela viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario