Camiñata á beira do río Lor, Castro Dares, Quiroga
Á veira do río Lor e pasada a aldea do Medo, onde os romanos buscaron e apañaron ouro, acompañados dunha choiva fiel, fomos a "conquista" dos curutos mais altos. As castrexas/os xa os atoparon moito antes ca nos, seguro que lles custaba menos traballo chegar ao bico. Ao final as vistas mereceron a pena. Dende o Castro Dares vimos, tamén, como o Lor remataba o seu percorrido e vertía as augas no río Sil, en Augas Mestas. As cerdeiras, "zreixeiras(como se di en Bergantiños)", mostráronnos as súas flores brancas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario