FOTOLETRASGALIZA

PARA VER E IMAXINAR A GALIZA E O MUNDO

26/02/21

Múnic 1, Alemaña




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

A cidade de Múnic foi fundada por Henrique o León, duque de Baviera e Saxonia.

 Despois dun incendio, a cidade foi reconstruída polo emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.  Durante a Guerra dos Trinta Anos, o rei de Suecia tomou a cidade.

 Despois da vitoria alemá na guerra franco-prusiana, dirixida por Otto von Bismarck, Baviera e con ela Múnic pasaron a formar parte do imperio alemán.

Múnic (en alemán München) é a capital do estado federal de Baviera e a terceira cidade de Alemaña por número de habitantes. 

É tamén a cidade alemá onde máis empresas están no índice de accións DAX, sendo a rexión un importante motor económico das industrias financeiras, tecnolóxicas, automotivas e de servizos. 

A cidade está situada no río Isar, ao norte dos Alpes bávaros. O lema da cidade é München mag Dich (Múnich gústache). 

O seu nome, München, deriva de Munichen, do alto alemán antigo, que significa "no lugar dos monxes". O nome da cidade vén dos monxes beneditinos que fundaron a cidade; de aí que haxa un monxe no escudo da cidade. As cores oficiais da cidade son o negro e o ouro, cores do Sacro Imperio Romano Xermánico, desde a época de Luís IV de Baviera.
Manolo Graña ás 18:05 Ningún comentario:
Compartir

19/02/21

Marienplatz, Múnic, Baviera, Alemania





Se queres ver as fotos pincha aquí

A praza central de Múnic, coñecida como Marienplatz, foi o centro da cidade dende o seu nacemento. 

Foi sede de importantes eventos públicos e festas desde tempos inmemoriais, xa sexan celebracións, torneos ou execucións. 

Novo Concello de Múnic, construído nun estilo neogótico, este edificio moi ornamentado é un dos máis distintivos de toda a cidade. É posible subir á cima da súa torre que contén un Carillón que toca todos os días ás 11:00, 12:00 e 17:00 (varía segundo a hora). 

As figuras a tamaño real que compoñen este Carillón, interpretan o "Cooper's Dance" ao son dunha agradable melodía que conmemora o acto que tivo lugar en 1517 para celebrar o final da peste. 

Antigo Concello de Múnic, con máis de 500 anos ás súas costas, aínda conserva o seu agradable aspecto gótico e un sorprendente interior medieval. 

Fischbrunnen, deseñada en 1864 e reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial, esta pequena fonte é un dos puntos de encontro máis populares da cidade.


Manolo Graña ás 17:08 Ningún comentario:
Compartir

12/02/21

Ámsterdam 2



Se queres ver as fotos pincha aquí 

O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante o século XVII, hoxe en día é un dos centros históricos máis grandes de Europa. 

Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. 

É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

Manolo Graña ás 20:28 Ningún comentario:
Compartir

06/02/21

Ámsterdam, Holanda 1



Se queres ver as fotos pincha aquí 

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade:  presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. 

Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. 

Un dos produtos máis coñecidos de Holanda e son os Tulipáns. 
Manolo Graña ás 15:18 Ningún comentario:
Compartir
‹
›
Inicio
Ver versión web

Quen son

Manolo Graña
Ver o meu perfil completo
Con tecnoloxía de Blogger.